Lugo, 10 de febreiro de 2014. O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, presentou, este luns, xunto coa xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, o programa de actividades do Club Pequeamigos da Rede para os meses de marzo, abril e maio de 2014.
A programación que se presenta foi deseñada coma unha proposta conformada por diversos obradoiros, cos que se pretende un achegamento das nenas e nenos aos catro museos da Rede e ás súas coleccións, así como para dar resposta aos principios de simplicidade, participación, colaboración, diversión, emoción e coñecemento.
Neste sentido, Mario Outeiro precisou que “queremos que as xeracións do futuro aprendan, respecten e coñezan o noso patrimonio, como medio e como ferramenta para a súa formación, así como para o conxunto da sociedade. É dicir, museos onde a historia se converte en experiencias didácticas, vivenciais e lúdicas, un museo de historias por descubrir e compartir”.
“Un museo – continuou o delegado – é un espazo onde nos reflectimos nós mesmos e a Rede Museística Provincial de Lugo trata de facelo a través dos seus contidos e das súas experiencias pedagóxicas proxectándoas aos distintos colectivos da sociedade, neste caso aos máis pequenos”.
No caso do Museo de Lugo, as actividades estrutúranse nos martes de creatividade, con obradoiros como “Muller e Arte. Maruja Mallo”, no que os pequenos repasarán a vida e a primeira etapa artística da pintora viveirense e analizarán a obra “Guía postal de Lugo”, para logo realizaren a súa propia postal sorbe a cidade. Talleres sobre reloxos de sol, abanos, faldriqueiras e escultura, así como unha visita ao museo en tres dimensións, completan as actividades dos martes de creatividade.
A programación tamén inclúe os xoves de creatividade, con obradoiros nos que os máis pequenos aprenderán novas tecnoloxías, e os sábados e domingos polo Museo, con tres rutas diferentes: a primeira ruta, de artes decorativas, na que as crianzas se familiarizarán con faldriqueiras, reloxos, acibeches, abanos, ouvería, útiles de fumador e complementos de Entroido;a segunda, de belas artes, na que se achegarán a conceptos como a cor, a textura, a composición, os temas, as técnicas e a interpretación; e unha terceira, de arqueoloxía, na que coñecerán vivendas, vestimentas, ritos e costumes, e vida cotiá.
En San Paio de Narla os máis pequenos coñecerán a árbore xenealóxica, o paso do tempo no Señorío de San Paio de Narla, as armaduras, os Bargueños, as estruturas sociais do medievo e introduciranse no mundo da cociña. No Pazo de Tor achegaranse ás Lupercalias romanas, aos mecos de Entroido, celebrarán o Día da Árbore, e aprenderán a conversión da lá en tecido e evolución dos cereais na creación do pan, entre outros. No Museo do Mar, coñecerán, entre outras cousas, á muller mariñeira, os saberes da cociña e o mundo castrexo.
Profesionais do sector museístico e cultural como Encarna Lago, Raquel Guerrero, Lucía Dequit, María Montenegro, Paula Salinas, José Manuel Mendoza, Alba Gorgoso, Nieves Neira, Cristina Sánchez, Francisca Abuín, Ana Ferro, Jesús González, Tar López, Silvia Fiallega, Juan Ignacio Márquez Barros, Ángeles Miguélez e Amelia Pernas, serán os encargados de impartir as diferentes actividades.
O prazo de inscrición estará aberto desde mañá, martes 11 ata o venres 21 de febreiro, no horario de 9:00 a 14: 30 horas pola semana, sábados de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas e domingos de 11:00 a 14:00 horas. Na matrícula poderase marcar varias opcións. A reserva de praza realizarase por estrito orde de inscrición.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



