O centro burelés IES Perdouro acadou o primeiro premio da sexta edición do Concurso de Robótica convocado pola Fundación Barrié na categoría Bacharelato e ciclos formativos.
O Instituto Galego de Ciencia IGACIENCIA organizou a actividade “A Maxia da Robótica”. O VI Concurso Galego de Robótica realizouse durante ao longo desta semana na Fundación Barrié da Coruña. Nesta actividade pretendeuse achegar aos nosos alumnos e alumnas o campo da robótica e aproveitar a súa “maxia” para promover a cultura científica na nosa sociedade galega. Consistiu na programación dun robot que tiña que superar unha serie de retos.
O primeiro premio na categoría de Bacharelato e Ciclos Formativos, foi acadado polo equipo formado por Francisco Fernández, Joao Claudio Landim e Claudemir López. Os tres son alumnos do Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicación no I.E.S. Perdouro de Burela.
Os premios foron entregados esta tarde onde tamén recibiron o seu galardón o IES San Tomé do Freixeiro tras alcanzar a segunda posición e o IES Francisco Asorey, terceiro clasificado na categoría.
Entre os alumnos da ESO participantes os primeiros clasificados foron os do IES a Cachada de Boiro; por diante do IES Ramón María Aller e o IES Otero Pedrayo de Ourense, segundos e terceiros, respectivamente.

























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



