Mondoñedo, 15 de febreiro de 2014.- O Partido Popular de Mondoñedo urxirá, a través dunha moción plenaria, ao equipo de goberno da localidade que inicie os trámites para que o municipio poda contar cun centro de día. Polo tanto e dunha maneira máis concreta, os populares demandan que o BNG e PSOE presenten ante a Xunta de Galicia a solicitude de permiso de inicio de actividades nos próximos días.
Áxil resposta da Xunta de Galicia
Os populares trasladan esta petición tras coñecer que a Xunta de Galicia considera viable o proxecto técnico para que a Casa Sindical se poda chegar a converter nun centro de día, tras que se aprobase a reversión ao Concello.
Neste senso, os populares agradecen a “áxil” resposta da administración autonómica e agardan que esta mesma dilixencia se amose por parte do equipo de goberno do Concello de Mondoñedo.
O procedemento non foi iniciado oficialmente á espera de que o Concello realice os trámites oportunos e que no proxecto se leven a cabo as reformas mínimas para que esta ubicación reúna as condicións que requiren esta tipoloxía de centros.
Evitar un novo caso de inoperancia e mentira
Os populares lembran que a inoperancia e a mentira do goberno local se puxo de manifesto en diferentes ocasións denunciadas polos populares, -como a tardanza na remisión da documentación solicitada pola Xunta para a obtención da licenza para o centro de interpretación da prehistoria- e que provocaron que se frearan proxectos para a localidade.
A desconfianza xerada na falta de xestión e conscientes da necesidade deste centro, motivou aos populares a solicitar vía pleno unha resposta inmediata por parte de Orlando González; ao que lle censuran que en máis de seis anos de goberno non fose quen de iniciar con anterioridade esta xestión.
Que fixo en seis anos de goberno?
Os populares consideran que o alcalde “vai tarde” e pregúntanse polas xestións que promoveu Orlando González durante máis de seis anos ao fronte do goberno municipal.
Os populares lembran que o nacionalista no ano 2007 anunciara un centro de día no barrio dos Muíños, e cuxa falta de planificación supuxo un investimento público improdutivo, xa que o PSOE e o BNG crearon un proxecto imposible de levar a cabo pola insuficiencia do espazo no que se quería albergar.
O PP retoma as declaracións de Orlando González nas que daba por realidade a dotación deste servizo no ano 2007 ao asegurar que o centro de día “é un logro moi importante, unha carencia de Mondoñedo, moi necesario; fundamental. Aquí, -nos Muíños-, estarán os maiores de todo o municipio da mañá á noite e será un servizo moi útil”.
Porén, segundo evidencian os populares, as palabras do nacionalista caeron en “saco roto” e a día de hoxe o Concello non conta con este centro. “Que fixo en seis anos de goberno?”, pregúntanse os populares
Total apoio do PP
O Partido Popular de Mondoñedo defende a importancia deste servizo para a localidade, polo que amosa o seu total apoio para que este proxecto se poda converter nunha realidade.





















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



