Industrial Recense, empresa da Pontenova especializada en dar solucións ás novas necesidades da construcción a través da fabricación de fixacións, conseguiu aumentar a súa facturación un 20% grazas á súa aposta exportadora.
A pesar da situación económica do país e de depender dun dos sectores máis castigados pola crise, como é a construcción, esta empresa lucense superou os primeiros anos de caída a través da internacionalización.
Tal e como afirma o seu xerente, Luis López Fulgueira, “llevamos más de 10 años trabajando el mercado exterior”, pero ahora es cuando hemos empezado a ver realmente la importancia que tiene en nuestro sector”. Para Industrial Recense, 2013 foi un bo ano, cun aumento do 20% da súa facturación e un comercio exterior ó que se destina o 22% da súa produción.
Pero a internacionalización non é o único cambio que impulsou a Industrial Recense nestes momentos difíciles. O seu departamento de I+D+i foi a súa outra aposta, xa que se volcaron en ofrecer ós seus clientes solucións específicas en materia de fixación, desenvolvendo un sistema de solucións a medida (SIA) que los converteron en líderes europeos do sector.
O principal destino das manufacturas de exportación (elementos roscados, abarcóns e pezas a medida) foi Francia, onde un número crecente de clientes confían na calidade e o servizo de Recense. Outros países onde están traballando nos últimos meses Portugal, Alemania, Suiza, Rumanía, Sudáfrica, Israel, Italia, México e Oriente Medio.
Os desenvolvementos realizados por Industrial Recense nos últimos anos leváronos a destacar en innovación. De feito, un dos seus productos de illamento da marca AISREC formou parte do sistema constructivo premiado nas xornadas Solar Decathlon Europe co que obtivo o segundo posto entre os 20 que se presentaban, conseguindo ademais a máxima puntuación na proba de Eficiencia Enerxética.
Destacan tamén no mercado actual polas súas solucións de fixación para estruturas solares, así coma polo desenvolvemento dun elemento exclusivo de seguridade para unha refinería en Arabia. Recentemente tamén conseguiu unha importante alianza comercial coa empresa holandesa Terwa, especializada en prefabricados e líder mundial no seu sector.
Empresa líder
Industrial Recense é unha empresa especializada en dar solucións ás novas necesidades da construcción. Ubicada no municipio lucense da Pontenova dende fai máis de 60 anos, comezou a súa expansión en 1980 coa construcción dunha nova nave e a incorporación de maquinaria de alta tecnoloxía. A apertura a novos sectores da construcción situarona como empresa de referencia para todos os que buscan unha solución aos problemas relacionados coa construcción.
Actualmente Industrial Recense opera no mercado da construcción con tres marcas: AISREC, que aporta solucións de illamento climatolóxico ou de filtracións; STONREC, centrada na decoración con pedra natural, e RECENSE, especializada en solucións de fixación.






















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



