O Burela FS Pescados Rubén B impúxose en derbi provincial ao pechacancelas de Terceira, Vilalba Peugeot FS, con hat-trick de Manu e dobrete de Xoel, ademais da contribución de Antón González. Os laranxas valéronse da renda da primeira parte, con 2-4, para facerse cos tres puntos despois dun segundo período no que os locais conseguiron acurtar distancias ata o 4-5.
Antes do minuto 5, os mariñáns xa dominaban o marcador con vantaxe de 0-2. O Vilalba soubo reaccionar ante as adversidades pero non freou os de Lucas, que chegaron ao descanso con 2-4.
Na segunda parte, Manu, sublime no seu regreso ás pistas, marcou o terceiro da súa cuadrícula persoal na cita. Nos últimos cinco minutos, os locais que pelexaron pola remontada con Púas e Aitor (minutos 35 e 39), pero Xoel deulle a tranquilidade necesaria á escuadra visitante co 4-6 definitivo nos últimos segundos.
O Leis Pontevedra, dende o cumio da clasificación, visitará o vindeiro sábado A Mariña para medirse aos pupilos de Lucas na 19ª xornada (Vista Alegre, 16.00 horas).
Goles: 0-1, Manu, minuto 1; 0-2, Antón González, minuto 4; 1-2, Roi, minuto 12; 1-3, Manu, minuto 15; 1-4, Xoel, minuto 17; 2-4, Miguilla, 26; 2-5, Manu, minuto 35; 3-5, Púas, minuto 35; 4-5, Aitor, minuto 39; 4-6, Xoel, minuto 40.





















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
