A Asociación Socio-pedagóxiva Galega (AS-PG) perante as declaracións da voceira do grupo provincial do Partido Popular na Deputación de Lugo, segundo as cales esta entidade concedeu desde o ano 2008 subvencións “por procedemento directo” por importe de 340.000 euros a unha asociación con domicilio na Coruña, na que “traballan persoas que teñen unha clara vinculación co BNG” quere precisar.
1.- A Asociación Socio-Pedagóxiva Galega (en adiante AS-PG) é unha entidade constituída no ano 1976 e rexistrada daquela no rexistro do Ministerio do Interior e hoxe no da Xunta de Galiza. Segundo os estatutos o seu ámbito de actuación é Galiza e o seu domicilio social e fiscal está na Coruña.
2.- Durante estes 38 anos (máis dos que ten o Partido Popular) a AS-PG realizou innumerábeis actividades -de formación, de difusión cultural, publicacións, congresos, etc-.
Para estas actividades a AS-PG unhas veces solicitou o patrocinio de entidades públicas e outras veces de entidades privadas. Patrocinio directo de actividades, que non subvencións á entidade.
3.- Entre as entidades públicas figuran a Xunta de Galiza – sendo presidentes Xerardo Fernández Albor, Fernando González Laxe, Manuel Fraga Iribarne, Emilio Pérez Touriño e Alberto Núñez Feijoo- as Deputacións provinciais e grande parte dos Concellos da Galiza. Tamén temos tido o patrocinio da Comisión das Comunidades Europeas para algunhas actividades. Unha delas -o Proxecto Galbreus- mesmo en concorrencia competitiva coa propia Xunta de Galiza.
4.- A AS-PG contrata as persoas que traballan para a entidade primando o criterio de que son as que mellor poden realizar a tarefa encomendada e non por criterios de afinidade política. Quer as empresas que realizan traballos materiais (edición de textos, impresión, exposicións, etc) quer as persoas que imparten conferencias ou dan cursos sono en función da súa valía e non en función da súa filiación política, aínda que ás veces esta sexa pública. Por iso, entre os nosos socios e socias hai persoas afíns ao PP ou a outras forzas.
5.- A AS-PG paga os traballos realizados, con IVA ou retención de IRPF, segundo o caso. A xustificación dos gastos conta co visado dos correspondentes servizos económicos da Xunta de Galiza, das deputacións ou dos Concellos.
Ademais diso a contabilidade da AS-PG foi sometida a auditoría, nos derradeiros 5 anos, en dúas ocasións, pola Facenda do Estado e polos servizos da Deputación da Coruña. En ningún caso se encontraron anomalías.
6.- A AS-PG non está vinculada con ningún grupo político. Para se asociar non se piden credenciais políticas nin relixiosas. Tampouco foi preciso expulsar nunca a ninguén por contradicir os Estatutos da entidade. As nosas actividades son abertas e para todos e todas.
Presentamos proxectos e procuramos patrocinio, mais tamén colaboramos coas administracións -sen subvención nin axuda- en proxectos que consideramos de interese para a Galiza e que van na liña do noso único ideario: NA PROCURA DUN ENSINO GALEGO. Por pór un exemplo do dito, a participación na elaboración do Plan Xeral de normalización da Lingua Galega, sendo Secretario Xeral de Política Lingüística Xesús Paulo González Moreiras (PP de Lugo); Conselleiro de Educación Celso Currás Fernández (PP de Lugo) e Presidente da Xunta Manuel Fraga Iribarne (PP de Lugo).
Gostaríamos de saber se o PP de Lugo considera que ofrecer un concerto con temas de Rosalía no Círculo das Artes de Lugo, sen cobrar entrada por ser xustamente motivo deses convenios que denuncia, é unha actividade deslocalizada e partidista; ou as exposicións que colgan na rede de museos da Deputación; ou as actividades da Semana do libro e a lectura que se desenvolven no propio edificio da Deputación.
7.- Lamentamos profundamente que o PP de Lugo, a través da súa voceira Dona Elena Candia, utilice o nome da Asociación Socio-Pedagóxiva Galega (AS-PG) para lanzar sobre ela sospeitas de uso indebido de diñeiro público, mesmo de financiamento dunha forza política.
E lamentámolo máis por facelo con falsidades. Das actividades programadas e realizadas segundo os orzamentos presentados, e publicitados nos correspondentes boletíns provinciais, existe constancia documental de que se fixeron no ámbito de xestión da Deputación de Lugo; de que a xustificación de gastos para o seu pagamento é correcta dan fe os propios servizos da Deputación; de que non existiu nin existe ningunha práctica que asocie a AS-PG con financiamento de ningunha forza política dan fe as auditorías de Facenda, a última en 2012. E de todo iso, dá fe a confianza depositada en nós polos millares de persoas que durante estes case 40 anos asistiron ás nosas actividades e a conciencia dos socios e socias que traballaron e traballan polos nosos obxectivos e que, nalgúns casos sufriron, iso si, a denuncia ou mesmo multas de gobernos do PP.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



