A Mariña, 22 de febreiro de 2014. A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña apoiará a mobilización convocada pola Alianza Social Galega para o día 27 de febreiro con inicio na Praza do Concello de Burela. Esta marcha, simultánea a outras convocadas para o mesmo día en Galiza e apoiada pola Asociación Galega para a Defensa Da Sanidade Pública da que a plataforma mariñá fai parte, demanda “Outra Saída á Crise” tal como reza o manifesto acordado entre os colectivos que a apoian.
As organización e colectivos asinantes do manifesto entendemos que os gobernos de Mariano Rajoy e Feijoo, coa escusa da crise, pretenden impoñer constantes recortes nas pensións, no ensino, na sanidade, no impulso ao desenvolvemento económico, desenténdense ou son cómplices na destrución dos sectores produtivos galegos ou na destrución do sistema financeiro galego e impulsan reformas normativas que nos fan retroceder décadas nas liberdades públicas e dereitos sociais, criminalizando a resposta social fronte a unha crise da que a maioría social non é responsábel pero sufre con extrema dureza as súas consecuencias.
En Galiza as taxas de desemprego superan as 270.000 persoas, delas o 45% carecen de cobertura de ningún tipo, o desemprego xuvenil chega ao 50% e preto de 100.000 mozas e mozos de 15 a 35 emigraron fora do país dende 2010. A esta situación engádese a destrución dos sectores produtivos básicos galegos agrario, pesqueiro ou naval froito de políticas europeas que os gobernos galego e estatal son incapaces de corrixir.
Coa escusa da crise, os goberno do PP en Compostela e Madrid impoñen retrocesos no ensino público galego, modificacións na lexislación estatal como a LOMCE que ademais de ser regresiva invade competencias propias, paralización da Lei de Dependencia, contrarreforma da lei do aborto, ataques ao colectivo de traballadores autónomos con subas das cotizacións sociais a un colectivo que en Galiza representa o 21,30% da poboación activa, ou a política de desafiuzamentos que en Galiza afectou a mais de 9.000 persoas dende o inicio da crise condenándoas en moitos casos á exclusión social.
A Plataforma chamou a atención sobre as políticas sanitarias públicas, con gravísimos recortes no financiamento, aplicacións de repagamentos a medicamentos subministrados dentro e fora dos centros hospitalarios, reducións do persoal sanitario e privatizacións masivas que buscan, no conxunto das medidas, ir degradando o sistema público para convertelo nun negocio ao servizo das grandes corporacións financeiras, empresas especializadas e grupos de aseguradoras.

























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



