CERVO, 22 DE FEBREIRO. Os socialistas de Cervo denuncian a gravísima actuación do alcalde, Alfonso Villares, en canto a todo o acontecido dende a indebida colocación duns postes de formigón nas obras do sanemento de A Senra, “o señor Villares escudado na súa recoñecida e interesada ignorancia do asunto, o único que fixo foi mentir e enganar ós nosos veciños, por iso, esiximos que se den as explicacións pertinentes coa maior urxencia posible”.
Este sábado, o Grupo Municipal Socialista de Cervo, vén de poñer de manifesto as mentiras do rexedor cervense, “queremos que o señor Villares dé explicacions públicas da acta dunha reunión que tivo lugar o 26 de setembro de 2012 entre o alcalde, un enxeñeiro de Augas de Galicia e un representante da empresa adxudicataria, na que o propio Alfonso Villares recoñece a indebida colocación dos postes de formigón en A Senra e responsabiliza de todo o acontecido á construtora, empresa que lle fai entrega ó propio Villares dun cheque por valor de 20.000 euros, o importe da sanción”.
Os socialistas, con dita acta na man, subliñan que “o señor Villares mentiu cando aseguraba que non se producira ningunha irregularidade e mentiu cando afirmou que a sanción ó Concello recaía nos propios veciños ó ter que pagala con fondos públicos, agora sabemos que eses 20.000 euros foron asumidos pola empresa construtora”.
Onde estiveron os 20.000 euros nestes dous anos?
Consideran gravísima a actuación do alcalde cervense xa que “ademais se preguntan ¿por qué pagou a sanción case dous anos despois de ter recibido ese cheque por valor de 20.000 euros?, ¿ónde estiveron eses cartos dende o 2012?”.
Dende o GMS plantean dúas alternativas, “ou se ingresaron nas arcas municipais e non coñecemos o porqué se tardou todo este tempo en liquidar a sanción, ¿para tentar sacar rédito político mediante o confrontamento coa administración provincial?. Ou ben, non se ingresaron nas contas do Concello, queremos saber en qué peto estiveron, en qué caixón, qué campaña ou acción se pagaron con eles. Señor Villares debe moitas explicacións”.
De non ser así, os socialistas confirman “estar decididos a estudiar ben o caso, xa que podemos estar falando dun delito de fraude fiscal. E o que aínda é peor, é que non sabemos se ésta é maneira habitual de actuar que ten o noso alcalde. ¿Pode haber máis actas deste tipo? Os cervenses merecen unha boa aclaración de todo o sucedido nestes anos, ten que rendir boa conta ós veciños”.
Despois de coñecer todos estes feitos, dende o PSOE de Cervo din que “é hora de que o señor Alfonso Villares cumpla a maioría de idade na política, leva xa 19 anos no Concello e non pode seguir actuando como un neno de gardería, “é que eu non sabía, é que eu non estaba, é que eu non fun”, ten moitas responsabilidades que asumir e a xestión dun Concello coma Cervo parece que lle está quedando moi grande”.
Balseiro, cómplice ou ignorante
Por último, os socialistas lembráronse do tenente de alcalde, José Manuel Balseiro, pois “como membro do goberno de Cervo debería ter coñecemento de todo este asunto. Se coñecía esta artimaña, non é máis ca outro cómplice, agora ben, se ignoraba o que estaba sucedendo no seu propio Concello, será hora de esixir responsabilidades e explicacións”.
Agardan que “o secretario provincial do PP lucense non consinta estas actuacións de ningún compañeiro. É unha mágoa pensar que unha persoa que minte ós veciños e é capaz de ter agochado un cheque durante máis de dous anos, poida estar a ocupar o posto de alcalde de Cervo e vicepresidente da FEGAMP, órgano onde están representados tódolos alcaldes, hai que intentar evitar que se visualice esta actitude como práctica habitual”.




















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



