Santiago, 25 de febreiro de 2014.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, formulará na sesión prevista para este martes do Pleno do Parlamento de Galicia unha pregunta coa que se interesa pola valoración da Consellería do Medio Rural e do Mar das melloras incluídas na prórroga do acordo pesqueiro bilateral entre España e Portugal.
Balseiro lembra que, entre outras novidades, a partir de agora, os barcos españois e portugueses aplicarán as normas técnicas do país en cuxas augas estean faenando, garantindo así a igualdade de condicións na actividade e no traballo
O parlamentario popular lembra que este cambio constituía unha ampla demanda da flota galega, que antes non se atendeu, xa que daba lugar a unha situación inxusta como é que os arrastreiros portugueses traballaban en augas españolas no fin de semana e conservaban o dereito de seguir escollendo as zonas de pesca o luns.
O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular pon en valor a actuación decidida da Xunta e do Goberno central en favor dos intereses de Galicia e “tras saber escoitar á flota”.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



