Atopámonos nun momento no que as diferentes persoas que formamos parte da familia do PSOE, temos que pararnos a pensar en que é o momento de trocar unha serie de situacións, para sermos un referente para a cidadanía. O pobo, que é a quen nos debemos, non quere saber nada de problemas e diferencias persoais e/ou internas, senón que quere que lles axudemos a saír da complexa situación económica na que está o noso país. Os cidadáns están cansos de ver día tras día a mesma historia, pero ten que quedar claro que os rivais non están no socialismo, están na dereita máis rancia da historia da nosa democracia.
Polo tanto, é o momento xa, sen máis demora de cambiar a forma de facer as cousas, de saír á rúa para escoitar a realidade da cidadanía, de coñecer os seus problemas, de escoitar as súas queixas e de aprender de cada persoa, esa debe ser a nosa folla de ruta. Asimesmo, todo aquel político que escape da xente, que non se someta, no día a día a críticas e tamén en ocasións, a felicitacións, debe analizar cal debe ser o seu papel a desenvolver.
No que concerne á corrupción, hai que ter coidado nos plantexamentos e acusacións que se fan das diferentes situacións, contando de antemán coa presunción de inocencia, pero á súa vez, tolerancia cero para todos aqueles que busquen na política o seu beneficio persoal. Así, é o momento de que se poida dar unha transparencia nos diferentes entes, dende a saída dos políticos das mesas de contratación ou a diferenciación entre a labor política e a funcionarial.
Finalmente, destacar que é o momento de rexeneración e renovación de propostas, ideas, estructuras e tamén de persoas, traballemos por un presente e por un futuro cun socialismo, por e para os cidadáns. Queda moi ben o compoñente teórico, pero o momento de levalo a cabo na práctica é agora, ou do contrario, será o momento de plantexarse moitas cousas.
JESÚS VÁZQUEZ TALLÓN, Coordinador provincial de Xuventudes Socialistas.


















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



