A xogadora do CD Burela FS Peixes Rubén Lara Balseiro defenderá a Galicia na fase final do Campionato de Seleccións Autonómicas de Fútbol Sala Sub-21 que terá lugar esta fin de semana en Alcorcón (8-9 de marzo).
O combinado irmandiño medirase á Comunidade Valenciana abrindo a cita, ás 10.00 horas do sábado (pavillón La Canaleja). Ás 12.30 horas, Cataluña e Madrid pelexarán polo segundo billete para a final, programada para o domingo, ás 12.00 horas.
Xunto á mariñá, compoñen a expedición Ana López, María Arias e Vanessa Sotelo, do Cidade das Burgas; Ana Rivera, do Ponte Ourense; Adriana Rodríguez, do Leis Pontevedra; Belén Feal, A Fervenza FS; Cruz Sánchez, Viaxes Amarelle; Claudia Martínez e María Carmen Pérez, Poio FSF, e Alejandra de Paz e Diana J. Díaz, do Valdetires Ferrol.
A selección de Manuel Castillo gañouse o pase a semifinais con autoridade e solvencia tras derrotar a Cantabria (11-0) e ao País Vasco (13-0), logrando a primeira praza do grupo A. A viveirense, Lara Balseiro, anotou un tanto no duelo ante as cántabras e fronte ao combinado vasco destapou a súa vea goleadora alcanzando a cifra dos 4 goles.
Primeira RFEF
As burelistas retomarán a competición de Primeira División RFEF o sábado 15 na pista do pechacancelas, AE Vallirana (19.00 horas), para continuar perseguindo o soño do liderado, con tan só un punto de distancias logo dos resultados da fin de semana. Despois de adestrar luns e martes desta semana, as pupilas de Quico Otero volverán ao traballo o vindeiro luns.























Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
