A XXVª Tirada de Bolos Concello de Xove rematou nunha tarde de sol en Sumoas que rexistrou unha alta participación con preto de 35 inscritos en cada tirada chegando á media de 10 participantes na Liga Sub 18 que asegura “o futuro dos bolos” e de onde “sairán os futuros campións”.
Na Liga Sénior Masculina non houbo sorpresas finais na categoría; aínda que a Francisco Pérez faltoulle moi pouco para arrebatarlle a terceira posición na táboa a José Vigo. A segunda posición na tirada obtida por Francisco non foi suficiente para acceder ao caixón, pero si lle permitiu avanzar unha posición, quedando 4º, en detrimento de Sócrates Campo que finalmente foi 5º.
“Esta Liga foi a da confirmación dunha xeración que comezou a competir hai máis de 10 anos e que está destinada a dominar a clasificación nos vindeiros”, consideran dende a organización; xa que desta nova xeración saíu o campión desta edición, Álex Meitín, ao que acompañan José Vigo (3º) e Cristian Rodríguez (8º). Da vella guardia, só José Rafael González foi capaz de manterse nos seus números, repetindo un moi meritorio subcampionato.
| ALEX MEITÍN SERANTES |
156 ptos |
1º |
Trofeo e premio de 200 euros |
| J. RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ |
134 ptos |
2º |
Trofeo e premio de 150 euros |
| JOSE VIGO LAGE |
96 pts |
3º |
Trofeo e premio de 100 euros |
Nesta categoría recibiron premio en metálico e trofeo os 12 primeiros clasificados: Álex Meitín, José Rafael González, José Vigo, Francisco Pérez, Sócrates Campo, Arturo Vigo, José Manuel Cociña, Cristian Rodríguez, Luis Rancaño, Moisés Rodríguez, Jaime Álvarez e Jordi Meitín.
E o Trofeo á Mellor Bolada do Campionato (trofeo e 50 euros de premio) foi para Francisco Pérez cunha bolada de 101 puntos obtida no Campo de Palmeiro o pasado 11 de xaneiro.
Maiores de 60 anos.- Dentro da Liga Senior Masculina, esta temporada e por segunda vez, tiña un apartado con premios ós tres séniors maiores de 60 anos que quedaran mellor clasificados na xeral. Neste caso, dentro dos maiores de 60 anos, a clasificación quedou así:
| José González Bermúdez |
5 ptos |
1º |
Trofeo e premio de 75 euros |
| Arturo Rodríguez Baño |
2 ptos |
2º |
Trofeo e premio de 50 euros |
| Modesto Albo Vidal |
2 ptos |
3º |
Trofeo e premio de 25 euros |
Por último, salientar o TROFEO Ó XOGADOR MÁIS VETERANO, que un ano máis, e esperemos que sexan moitos máis, recaeu en MODESTO ALBO VIDAL, que o vindeiro mes cumplirá 85 anos.
Liga Sénior Feminina.- Confirmados xa o 1º e 2º posto, o interese da xornada estaba en ver quen das tres candidatas (Salomé, Paula e Concepción) se facían co preciado terceiro posto do caixón. Ó final foi a xovense Paula Campo quen, grazas a súa victoria, obtivo esa prezada 3ª praza, relevando a Salomé Bermúdez á cuarta posición.
Para a temporada vindeira esperamos nesta categoría a Salomé Cardoso, dúas veces campioa da Liga Sub 18 e que a partires da agora, ao cumprir os 18, deberá disputar a Liga Sénior Feminina. Tamén esperamos para esta temporada a dobre campioa Carmen Roca, poda volver competir en toda a temporada.
| BELÉN MEITÍN ROUCO |
92 ptos |
1º |
Trofeo e premio de 90 euros |
| DOLORES BAÑO FRAGA |
53 ptos |
2º |
Trofeo e premio de 75 euros |
| PAULA CAMPO SUÁREZ |
46 ptos |
3º |
Trofeo e premio de 50 euros |
En canto ó Trofeo á Mellor Bolada do Campionato (trofeo e 50 euros de premio), foi para Belén Meitín cunha bolada de 72 puntos obtida na no campo de Palmeiro o pasado 11 de xaneiro.
Liga Sub 18.- A primeira praza desta categoría era a única por dilucidar. E dende o primeiro momento Daniel López non deixou marxe de dúbida, cun xogo moi sólido e sen erros, gañando con autoridade a tirada e proclamándose, por segundo ano consecutivo, campión desta categoría. Salomé Cardoso acompáñao no segundo escalón do caixón e Miguel López no terceiro. Temos que dicir, que no caso de Miguel, foi por un estreito marxe, dado que se Isaías non erra nos desquites houbese gañado a proba e desprazado a Miguel do podio. Pero finalmente, Miguel fíxose con esta prezada praza na súa primeira participación nesta Liga, e dada as súas condicións físicas e técnicas, non nos cabe ningunha dúbida que vai ser o xogador a batir nas vindeiras edicións desta Liga. En canto a Daniel López e a Isaías Cardoso, na vindeira temporada deberán mostrar a súa valía na Liga Senior, xa que cambian de categoría.
| DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ |
73 ptos |
1º |
Trofeo e premio de 90 euros |
| SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ |
62 ptos |
2º |
Trofeo e premio de 75 euros |
| MIGUEL LÓPEZ FORMOSO |
50 ptos |
3º |
Trofeo e premio de 50 euros |
En canto ó Trofeo á Mellor Bolada do Campionato (trofeo e 50 euros de premio), foi para Daniel López cunha bolada de 71 puntos obtida na no Campo de Palmeiro o pasado 11 de xaneiro.
A entrega de trofeos estivo presidida polo Alcalde Demetrio Salgueiro quen, ao final, e despois de agradecer a tódolos xogadores a súa participación no campionato, salientou o apoio que o Concello de Xove ven prestando e presta a esta competición dende hai tantos anos.
O Concello, encargado da súa organización, agradece novamente a colaboración do IES Illa de Sarón, e máis concretamente, do Departamento de Educación Física que dirixe Xabi Bouza.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
