Jorge Losada Comendeiro.- Se temos en conta que nada ocurre por casualidade, se non que sempre hai unha ou varias causas que traen como consecuencia un feito determinado, podremos analizar (dado que o feito xa o sabemos) cales foron esas causas e por tanto a forma de cambialas .
Cando nos referimos a un pobo en concreto Mondoñedo, temos o feito obxetivo que nos estamos a converter nun pobo fantasma, un pobo no que descende a poboación a un ritmo de 100 persoas por ano e que dita poboación aumenta considerablemente a súa media de idade.
Esto leva engadido o descenso na actividade económica e o deterioro do seu tecido empresarial, que xuntos forman un bucle do que se fai difícil saír, pero non imposible.
Vemos como o noso sector servicios cae con forza, as nosas tendas, comercios e hostalería subsisten grazas a uns determinados actos lúdicos e festivos que se celebran ao longo do ano, mentras o resto se mantén cas vendas baixo mínimos para cubrir os gastos fixos que se xeran.
Calquer evento que veña marcado con unha climatoloxía adversa supón un roto nas súas expectativas de ventas e por tanto un deterioro nas súas contas.
Pero aínda que os eventos e festas son moi positivos, botan en falta unha actividade económica máis regular e que permita consolidar e crecer os seus negocios. Aínda así manteñen a ilusión e traballan co afán de que isto mellore co tempo.
Desgraciadamente penso que nada cambia se non lle facemos cambiar e quitamos os motivos polos cales se produce, e niso me quería referir ós fantasmas do noso pobo. Alguén estará pensando que me vou referir a clase política, pero non é o caso.
A verdadeira razón (sempre desde a miña opinión) e que debemos quitarnos os fantasmas e medos que nos levaron a practicar a apatía na que dende fai anos nos encontramos.
Un dos fantasmas que moitos temen é o medo ó fracaso, cousa que desde outras culturas se demostra como un activo das persoas, na nosa supón tal deterioro persoal que algúns non estan dispostos a asumir. Teño que dicir que o fracaso axuda a coller a experiencia para non caer nos mesmos erros e que cultiva as persoas en tódolos ámbitos.
Outro dos fantasmas e o medo a asumir un risco, e ben é certo que en este país arriscamos demasiado en algunhas épocas, pero sen risco non hai beneficio e todos deberiamos arriscarnos na vida, aínda que perdamos algunhas veces.
Un dos fantasmas máis arraigados e o medo a o que dirán. Este merecería un capítulo aparte dado que está demasiado arraigado na nosa sociedade, e resulta que impide que algúns emprendores sintan máis o fracaso que a propia perda económica. Somos un pobo pequeno, onde case todo o mundo se coñece e por tanto onde todos se cren no dereito de criticar ós demáis, aínda sen darse conta que ás veces hai máis que limpar cerca que lexos.
Por último e sen descartar que haxa máis, está o fantasma da envexa. Sempre se envexa o que non se ten aínda sen saber se o que o ten fixera determinados esforzos ou asumira varios riscos para posuílo. A envexa xera as críticas e as críticas á súa vez o medo ó que dirán e este remata no medo ó risco e ó fracaso.
Aínda así comprobo con alegría que hai emprendedores que arriscan (unha tenda de deporte recentemente inaugurada) o seu diñeiro en busca dun medio de vida que lles permita seguir vivindo nesta cidade.
Non vamos a falar de que se necesitan accións valentes para botar abaixo todos estes medos por que é evidente, pero sencillamente creo que con que a xente sumase en vez de restar, con que se fixera participe da ilusión do que emprende, con que deixara as envexas aparcadas na casa e mostrase unha pizca de comprensión, as cousas serían ben distintas.
Creo firmemente nas posibilidades deste pobo, e estarei sempre ó lado da xente que co seu traballo e ilusión cree as condicións para melloralo. Estarei ó lado das persoas que tomen decisións valentes en calquera ámbito, para cambiar e mellorar a nosa situación.
En cambio, estarei en contra da envexa, do medo, e de vivir do conto que moitos practican.
Jorge Losada Comendeiro


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



