Hai dez anos que xurdeu a Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras de Burela sendo a primeira ruta, a da inauguración, do Acevo á Fonsagrada de 12 quilómetros. Participaran nela cincuenta sendeiristas que coinciden cos primeiros cincuenta socios que tivo a asociación.
Os socios fundadores poden amosar a súa satisfacción por “apoiar un proxecto deportivo que é válido para todos os públicos e que, entre outras cousas, integra actividade deportiva, natureza, etnografía, medio ambiente, historia, botánica, turismo, socioloxía, paisaxe, monumentos, lugares, pobos, cidades, gastronomía e solidariedade”.
“En dez anos percorremos máis de tres mil quilómetros por sendeiros de Asturias, León, Cantabria e das catro provincias Galegas. Con base en Burela establecemos contacto e relacións con todas as asociacións de sendeiristas da Mariña e compartimos e participamos xuntos en moitas rutas das existentes na Comarca como, por exemplo, a do Monte Castelo de Burela que concentra socios de afiliación asturiana e de toda a provincia lucense. Tamén podemos presumir de ser coñecidos internacionalmente xa que en moitas rutas contábamos con representantes estranxeiros que estaban convivindo na nosa localidade por intercambios profesionais ou de estudio”.
“A ruta realizada este pasado sábado, día 8, entre Bustelo (Asturias) e Paradanova (Fonsagrada) elixímola pensando no décimo aniversario da asociación, para revivir a primeira experiencia, pero tamén foi elixida para poñer en valor o Camiño Primitivo, xa que nese tramo é un monumento natural digno de ser experimentado. Ese día amañeceu con todos os compoñentes posibles en positivo. Cada paso que dábamos estaba conformado por unha paisaxe colocada adrede para que gozáramos de unha beleza constante. Andar así non é andar, é deixarse ir. Ese día vimos moitas postais formadas por montañas nevadas, vales con néboa intensa que parecía mar en calma, aves cantando, regos e fontes de auga pura e sorrisos nos camiñantes”, recordan os camiñantes.
O sendeirismo ten estas cousas que motivan a vivir e a compartir esa vida, sentirse parte da natureza e comprometerse con ela, facer deporte mentres se len enciclopedias multitemáticas e coñecer xentes e lugares. “Pasada das Cabras cumpre dez anos pero todos sabemos que isto non é nada comparado co que lle queda. Animámonos?”, conclúen dende a asociación.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



