Con cada ano que pasa, e xa van 23 edicións, a Festa do Ourizo de San Ciprián –que se celebra este sábado día 15- adquire un maior protagonismo e relevancia para todos aqueles que desexen gozar da boa gastronomía e degustar un dos tesouros do noso mar con maior proxección desde o punto de vista do seu aproveitamento culinario.
A isto contribúe unha ampla programación deseñada para non pasar indiferente e que este ano volve, por exemplo, a apostar por esa fórmula de tanto éxito como é a demostración de cociña en vivo –show cooking- a cargo de prestixiosos fogóns recoñecidos coa estrela Michelín Xóse Canas e Alberto González.
Pero tamén resulta decisiva a implicación de todo un pobo, acolledor e afable, volcado en apoio dunha iniciativa que, non me cansarei de dicilo, naceu do pobo, de quen parte o verdadeiro espírito promotor desta festa, que gañou folgos co compromiso firme dos hostaleiros da localidade e o apoio das administracións.
Nesta ocasión ademais a Festa do Ourizo transcende das nosas fronteiras, para facerse máis internacional que nunca grazas á importantísima oportunidade que me brindou a Confraría Gastronómica do Ourizo de Gijón e que non deixarei de recoñecer e agradecer.
O pasado sábado tiven a satisfacción persoal de pasar a formar parte deste colectivo, tras ser nomeado confrade de honra e de participar nun acto que agrupou a máis de 40 confrarías gastronómicas de España, Francia e Portugal. No meu discurso quixen aproveitar esa ocasión, para convidar aos todos os asistentes a achegarse ata San Ciprián, a coñecer a nosa festa, a visitar á nosa comarca, o noso pobo, e sumarse a esta degustación.
Se para a Festa do Ourizo de San Ciprián foi un punto de inflexión o ano 2008, cando a Xunta recoñeceu a cita como festa de interese turístico galego, a oportunidade de darse a coñecer entre os expertos gastronómicos dos países veciños e outras comunidades de España, aspira a servir tamén para facer aínda máis grande e internacional esta cita con este produto con sabor a mar.
Confirmo o meu compromiso coa difusión e proxección internacional dunha festa que aspira a seguir crecendo. Un deber que adquiro xa non como secretario do Parlamento ou como tenente de alcalde, senón –e sobre todo- como veciño dun pobo, San Ciprián, orgulloso dun dos seus produtos estrela.
Temos unha cita ineludible este sábado día 15 en San Ciprián: Degustar este exquisito prato protagonista das preparacións que deseñarán os distintos locais.
José Manuel Balseiro Orol,
Secretario do Parlamento de Galicia


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



