Foz, 12 de marzo de 2014. A biblioteca pública municipal de Foz organiza unha programación de actividades culturais que empeza este sábado, día 15, e desenvolverase ata o mes de maio.
Esta serie de actividades denominase Programación das Letras porque inclúe actos para celebrar o Día do Libro, que se conmemora o 23 de abril, e o Día as Letras Galegas, que é o 17 de maio.
Comeza este sábado, día 15, ás 20 horas co Festival dos Namorados, no que se entregarán os premios aos galardoados no XIII certame de poemas de amor e actuará a cantante Najla Shami. A segunda actividade será o 21 de abril, luns, ás 18:30 horas a cargo de Trinke Trinke Teatro que ofrecerá o contacontos teatral para nenos de 4 a 8 anos titulado Aventuras na cociña. O 15 de maio, xoves, ás 11:30 horas Teatro Babaluva ofrecerá Retratando a Díaz Castro na biblioteca escolar do IES de Foz. Tamén se inclúe o certame de narración e debuxo Letras Galegas 2014 en maio, mes no que tamén haberá visitas escolares á biblioteca pública municipal de 10 a 14 horas.
O concelleiro de Cultura en Foz, Ánxel Paleo Soto, explicou que esta programación é “unha proposta para todas as idades, onde se mestura actuación musical con poemas con contacontos para os máis pequenos e un obradoiro para os mozos, así como o clásico Certame das Letras Galegas de narración e debuxo. O Concello patrocina estas actuacións coa colaboración do programa Ler conta moito, da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, á que damos as grazas pola súa achega”.























A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



