Equinodermos de exquisito sabor, presencia pouco atractiva e engorrosa manipulación, infravalorados por uns e moi apreciados por outros, os ourizos considéranse dos alimentos mariños que mellor poden disfrutarse sen elaboración previa nen aliñamento que desvirtúe o gusto. Viven en fondos de farallóns e aliméntanse de algas, daí que saiban tanto a mar. Julio Camba, no libro “La Casa de Lúculo o el arte de comer”, dí: “o ourizo é un extracto de mar, un hálito de borrasca, unha esencia de tempestades”. O que comemos neles son as glándulas xenitais, de color amarelo alaranxado; a preparación adoita ser simplemente cocido; pero ofrece outras posibilidades culinarias ás que cada día acceden mais persoas que senten curiosidade por unha cociña imaxinativa e que atopan neles novas e moi satisfactorias experiencias. Ao permitir a conxelación, en calquera época poden facerse revoltos, que con gambas ofrecen un singular sabor, servindo de base para salsas que en casos, como acompañando ao rape, forman un prato exquisito; e un paté de ourizo traslada ao pan todo o sabor do mar…No noso contorno o “oricio”, como eles chaman, ten especial aceptación entre os asturianos e acompaña moi ben ós “culines” de sidra, esa gran bebida natural, fresca, diurética, compañeira inseparable da ampla pitanza nas gozosas “espichas”. No litoral focego, dende A Ronqueira aos castelos de San Pedro en Cangas abundan os ourizos; na zona atópase a pena Ouriceira, de nome alusivo ó feito. Según os biólogos, o ourizo é especie delicada. Cada exemplar tarda cinco anos en conseguir talla comercial; é decir, facerse adulto e desovar ao menos unha vez. Isto fai que, para a recuperación dun banco esquilmado, sexan necesarios ao menos dez anos e, para melloralo e amplialo, outros cinco. Esta evidencia esixe severas restricións na captura, sen ´concesións á demagoxia de políticos irresponsable. .O ourizo de mar, que agora mesmo está en sazón para o consumo, é un manxar singular, exquisito, de sabor non equiparable, merecente dos cuidados e atencións precisos para a súa pervivencia: é un luxo a conservar e disfrutar…
Suso Fernández

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



