Ribadeo, 14 de marzo de 2014. A Dirección Xeral de Comercio da Xunta e ACISA reparten durante este mes 650 euros en vales de compra na campaña Centros Comerciais Abertos, máis que comercio. Trátase dun xogo en liña con premios, coa finalidade de difundir o concepto de centro comercial aberto así coma fomentar as compras no pequeno comercio de Ribadeo e favorecer a introducción e utilización das novas tecnoloxías asociadas ó comercio.
Por cada 5 euros de compra que un cliente gaste nun local asociado terá dereito a pedir un código de participación, que lles permitirá votar ó seu comercio favorito entrando na web www.maisquecomercio.com. Dende o CCA de Ribadeo recordan que “entrando en esa web uno se encontrará los cinco centros comerciales en los que se lleva a cabo la campaña durante este mes, tendrán que escoger en este caso Ribadeo y a partir de ahí se le abrirán todos los comercios asociados de Ribadeo en fotos. Introduce el código y elige su establecimiento favorito y al pinchar en esas casillas podrá encontrarse con premios en metálico y otros regalos. Durante los primeros días de la campaña la web iba bastante lenta, pero las pequeñas complicaciones existentes ya han sido subsanadas”.
A Dirección Xeral de Comercio repartirá en Ribadeo unha tarxeta agasallo de 200 euros e 2 tarxetas agasallo de 100 euros cada unha, ademais de paraguas ou bolsas reutilizables co logo desta campaña. E o CCA ribadense regalará 250 euros en vales de compra repartidos nun de 50 euros e dez de 20 euros cada un para que estean o máis repartidos posible.
Ó final da campaña coñecerase o nome do comercio favorito do CCA de Ribadeo para os seus clientes.
Día do pai
ACISA organiza o segundo concurso de fotografía con motivo da celebración do Día do pai. As imaxes participantes poderán presentarse ata o vindeiro 24 de marzo ás 12 da mañá. As bases do evento están colgadas no perfil de facebook Ribadeo móvese e tamén na web www.acisaribadeo.es.
O primeiro premio está dotado con 300 euros en vales de compra, o 2º premio levarase 200 euros en vales de compra, o terceiro premio recibirá 100 euros en vales de compra e o 4º premio, que estará dotado con 50 en vales de compra, será para a foto máis votada en facebook.
ACISA anima “a ribadenses y visitantes a participar en este concurso de fotografía. El año pasado fue un éxito y este año esperamos incrementar la acogida y la participación”. La campaña del día del padre arrancó el pasado lunes, 10 de marzo.
Reunión do comercio
Fai uns días celebrouse unha reunión sectorial do comercio ribadense na que se analizaron as vindeiras campañas a levar a cabo dende ACISA e que terán como obxectivo seguir celebrando o 25 aniversario da fundación da asociación. Estas levaranse a cabo en maio, coincidindo co día da nai, e durante o mes de xuño: “o 25 será o protagonista”.
Tamén se adoptou o acordo de promocionar certos festivos de apertura que se consideran moi importantes “co obxectivo de facilitarlles ós clientes do comercio local que realicen as súas compras en Ribadeo. De aí que vaiamos a promocionar que os nosos asociados abran o 17 de maio (día das Letras Galegas), o 17 de abril (Xoves Santo) solo pola mañá e o 16 de agosto (San Roque), que este ano non é festivo local”.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



