A Organización de Profesionais e Autónomos de Galicia (OPA Galicia) valora positivamente a axuda de 1.200 euros que o Goberno autonómico ten previsto aplicar para cubrir a cotización á Seguridade Social dos autónomos menores de 30 anos, segundo anunciou a conselleira de Traballo, Beatriz Mato.
O presidente de OPA Galicia, Antonio Lage Tejerina, cualifica esta medida como “una noticia muy positiva” posto que “supone un gran paso para la motivación de los nuevos emprendedores de la región”. A pesar disto, considera que a axuda “debería ampliarse hasta los 35 años de edad, y extenderse dos años en el tiempo, pues éste es el periodo mínimo que tienen los autónomos para consolidar un pequeño negocio”.
Por outra parte, o presidente de OPA Galicia recorda a necesidade de que o Consello Galego do Traballo Autónomo, do que OPA agarda formar parte para representar os intereses dos seus asociados e axudar ós traballadores por conta propia, “se ponga en marcha cuanto antes”.
Neste sentido, Lage indica que unha vez que o Consello Galego estea en funcionamiento “las organizaciones de autónomos podremos trasmitirle al Gobierno regional de una manera más directa nuestros problemas y necesidades y podremos prestar asesoramiento sobre las distintas actuaciones que se lleven a cabo y que vayan encaminadas a mejorar la labor de los trabajadores por cuenta propia en la Comunidad Autónoma”.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



