Lourenzá, 14 de marzo de 2014. O Concello de Lourenzá celebrará o Día da Muller con charlas, unha exposición, un obradoiro sobre desigualdade de xénero e unha recepción a rapazas deportistas que lograron triunfos.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou este venres que “o pasado sábado, 8 de marzo, celebrábase o Día Internacional da Muller, pero no Concello de Lourenzá estábamos inmersos na preparación do Domingo de Piñata polo que preferimos trasladar os actos dese día para a vindeira semana”.
A rexedora considera que no día 8 de marzo “estase dalgunha maneira a pasar balance dalgúns dos retos que acadamos as mulleres pero tamén das dificultades que tantas e tantas mulleres pasaron ao longo dos anos para que as mulleres de hoxe en día poidamos vivir coa ilusión de poder desempeñar novos retos e reclamar os nosos dereitos. Se aínda temos que vivir con ilusión este día hai que ter en conta que é porque aínda hai desigualdade e aínda non conseguimos a verdadeira igualdade entre os homes e as mulleres. Polo tanto é necesario seguir poñendo enriba da mesa a situación de desigualdade que moitas mulleres seguen a sufrir, insistir na necesidade de traballar no grave problema do desemprego e da precariedade laboral que afecta de maneira tan importante ás mulleres de todas as idades, así como na eliminación da lacra da violencia de xénero. Persoalmente creo que é unha aspiración digna e xusta e á que debemos sumarnos o conxunto da sociedade e, por suposto, os homes teñen un papel moi importante para que se poida lograr”.
Emma Álvarez engadiu que “dende o Concello, como xa fixemos en distintas ocasións para sensibilizar aos máis pequenos en distintos temas de interese sobre os que necesitan ser educados dende o berce, apostamos por trasladar o Día Internacional da Muller ao colexio Juan Rey, porque se é importante que os homes nos axuden a lograr a verdadeira igualdade máis importante é que se eduque en igualdade e que os máis novos dende pequenos vexan que homes e mulleres somos iguais. Polo tanto trasladaremos ao CEIP Juan Rey unha exposición da ong Mundo Cooperante que leva por título Desigualdades: da feminización da pobreza a feminización do desenvolvemento. A maiores haberá unhas charlas impartidas por persoal da propia ong que serán os vindeiros luns e xoves. O primeiro día será para os rapaces de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e o xoves 20 será para os máis pequeniños: para os rapaces de Infantil, de 3, 4 e 5 anos, e tamén para os de 1º e 2º de Primaria. Aparte de charlas tamén se farán xogos para que os propios nenos coñezan a verdadeira importancia de que a muller e o home, o neno a nena, somos iguais en dereitos e en obrigas”.
“Tamén queremos que o resto do concello se sinta partícipe do Día da Muller, polo que o vindeiro xoves, día 20, ás cinco da tarde no salón de actos da Casa da Cultura haberá unha conferencia tamén a cargo da ong Mundo Cooperante, na que se falará das desigualdades que sufre a muller en tódolos aspectos da vida. Aínda que a hora non é a habitual para as charlas mensuais que acostumamos a facer agardamos que teña unha moi boa acollida e que todas as mulleres e homes que poidan se pasen polo Concello”, comentou a alcaldesa.
Álvarez Chao manifestou ademais que “no concello de Lourenzá estamos moi orgullosos das nosas mulleres. Faba e Lourenzá van ligados e cando falamos de faba hai que pensar que a posición que ten hoxe en día a faba de Lourenzá acadouse polo traballo que as mulleres fundamentalmente fixeron ao longo destes anos. E cómpre destacar o papel que tivo unha muller, que foi Fe Rodríguez Rocha, en impulsar o cultivo desta leguminosa e que fora recoñecida como Indicación Xeográfica Protexida”.
A rexedora engadiu que “tamén estamos moi orgullosas das máis novas e sen ir máis lonxe na categoría cadete de baloncesto feminino acaban de proclamarse campioas do grupo lucense de 2ª autonómica. Disputaron este partido decisivo en Viveiro, onde lograron a undécima vitoria de doce partidos xogados e agora van estar na fase de ascenso. Nos próximos días faremos unha recepción no Concello para estas rapazas. Tamén queremos facer outra recepción para unha rapaza que, aínda qué de Mondoñedo, está nas Escolas Deportivas Lourenzá-Mondoñedo e ten ascendentes laurentinos: é Ainara Rodríguez, unha rapaza que acaba de bater o récord galego de atletismo en 60 metros lisos. Nesa recepción que faremos aos deportistas máis novos tamén teremos en conta aos gañadores do campionato galego de campo a través, onde o equipo alevín feminino se alzou co primeiro posto de Galicia e as medallas de ouro e prata femininas tamén recaeron nas Escolas Deportivas Lourenzá-Mondoñedo. Nese mesmo campionato participou ademais o equipo masculino de alevíns, que quedou segundo a nivel galego e houbo un medalla de bronce. Nesa recepción, e tamén seguindo no eido do atletismo, temos que facer unha mención específica do campionato galego de pista cuberta, no que as Escolas Deportivas Lourenzá-Mondoñedo trouxeron oito medallas para a casa, das cales catro eran mulleres. Houbo tres ouros, catro pratas e un bronce”.
Emma Álvarez rematou explicando que en Lourenzá o Día da Muller “trasladámolo á semana que vén para facer diversos actos pero posteriormente faremos unha recepción para que todo o concello saiba que estamos orgullosos das nosas mulleres, nas nosas nenas que levan o nome de Lourenzá lonxe gañando competicións. E, como non, tamén dos nenos, que non se poden manter ao marxe, aínda que hoxe falar máis de nenas”.

























O acto inaugural tivo lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo foi a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completouse coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



