Lugo, 15 de marzo de 2014.- O secretario xeral do PP de Lugo, Jose Manuel Balseiro, acusou este sábado ao presidente da Deputación, Jose Ramón Gómez Besteiro, de ser a persoa menos indicada para dar leccións a alguén sobre diálogo co sector do cerco, cando nin tan sequera el mesmo foi quen de preguntarlle aos profesionais do mar e de coñecer a postura defendida polos barcos da súa provincia que, cómpre lembrar, propoñen un modelo de xestión diferente do que defende a asemblea que agrupa os barcos da protesta.
“Besteiro queda desautorizado para pedir diálogo co sector cando nin tan sequera é capaz de defender aos mariñeiros lucenses e iso a pesar de que cobra o seu soldo institucional coa obriga de defender esta provincia”-expresou Balseiro- “A mesma receita que predica Besteiro debería aplicala cos seus propios mariñeiros, aos que nin escoita, nin ten intención de escoitar, nin se informa do que están a pedir neste momento”
Balseiro defendeu que a mellor maneira de traballar pola defensa dos intereses do sector do cerco é a que se materializou co incremento de cota aprobado tralo recente acordo con Noruega, algo que –quixo lembrar- non se lograba desde o ano 2009 e que só foi posible froito da negociación impulsada polo Goberno do Partido Popular.
O dirixente popular amosouse sorprendido tamén pola falta de rigor e interese coa que Besteiro fala e dixo que, ao igual que lle aconsellaron coa nova PAC “antes de formarse unha opinión, debería falar co sector e facer números”
RESPONSABILIDADE DO PSOE NA SANCIÓN POR SOBREPESCA
Balseiro dixo que Besteiro tería que aproveitar a súa visita en Madrid para pedirlles contas aos seus compañeiros socialistas pola mala xestión pesqueira desenvolvida durante os anos 2009 e 2010 e que levou a que hoxe o sector teña que pagar unha sanción pola sobrepesca acontecida nese período e que detrae moitísimas toneladas do total de cota.
O dirixente popular lamentou tamén que Besteiro faga estas declaracións acompañado do actual portavoz socialista de Pesca, Jose Ramón Val Alonso, quen –lembran- foi delegado territorial de asuntos marítimos en Lugo e un dos colaboradores necesarios nas malas políticas de control que levaron as sancións por sobrepesca.
“Con amigos así para que querer inimigos”-dixo Balseiro- quen lembrou que Val Alonso caracterizou o seu mandato como responsable da Xunta en Lugo por “non falar co sector pesqueiro lucense algo que, a xuízo da posición estratéxica do PSOE, tampouco está a facer agora”.
DESCOÑECEN A LEXISLACIÓN QUE ELES MESMOS NEGOCIARON
Balseiro tamén considerou gravísimo que o PSOE “nun claro intento de ofrecer falsas esperanzas” propoña compensar a sanción por sobrepesca a través dunha contraprestación económica. Lembra que a normativa comunitaria prohibe esta proceder e, moi en concreto, o Regulamento Comunitario 1224 de Control, que precisamente foi negociado polo PSOE no ano 2009.
“Non só son os socialistas os causantes da sobrepresca, senón ademais son os que fixeron inviable e non conforme coa normativa comunitaria a solución que eles mesmos propoñen. Queda ben as claras que os socialistas foron nefastos para o sector do cerco”-indicou Balseiro.




















O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.



