Riotorto 15 de marzo de 2014.- O Partido Popular de Riotorto quixo desmentir este sábado as declaracións postas de manifesto polo tenente de alcalde da localidade, o socialista José García, ao que lle piden que abandone o seu cargo ao considerar que non está xustificado o seu salario.
O populares denunciaran que o goberno local estaba a percibir dúas dedicacións exclusivas,-a do alcalde e a do tenente alcalde-, cando a nova Lei da Administración Local limita a unha a dedicación en base á poboación do municipio.
Neste senso, dende o Partido Popular de Riotorto acusan a García de guiarse polo interese persoal, xa que a remuneración que percibe do Concello de Riotorto é moi superior á que obtería pola súa xubilación.
Os populares tachan de “non ético” que José García reciba das arcas municipais un soldo de 1.500 euros brutos ao mes, en 14 pagas, máis a seguridade social; polo que lle piden que abandone o cargo e “se vaia para a súa casa a desfrutar da súa xubilación”.
En concreto, dende o PP local matizan que se está a falar dunha retribución anual de 21.000 euros brutos, máis 6.000 euros ao ano de seguridade social, ao que, segundo os populares, é necesario engadir os gastos en quilometraxe que pasan ao Concello e que supoñen outro importe aproximado de 600 euros. “Véselle o plumeiro”, -matizan dende o PP-, “impórtanlle pouco os veciños, o que quere é cobrar máis do que obtería pola súa pensión”.
Un soldo que non se xustifica
Os populares lémbranlle a García o baixo respaldo político que obtivo nas últimas eleccións municipais. “Quero recordarlle que tivo o apoio de 137 veciños de Riotorto, sobre un total de 1.300 habitantes que acudiron ás urnas”, matizaron dende o PP.
Dende o PP de Riotorto acusan ao tenente de alcalde de actuar como “o tonto útil politicamente falando” respecto ás propostas do BNG. Pero, “sempre pensando tamén no beneficio propio. Non se xubila, xa que de facelo cobraría 700 euros e agora está a cobrar 1.500 euros”.
Para os populares o salario do tenente de alcalde non está xustificado e recórdanlle que, de conformidade coa reforma da administración local, tanto alcalde como tenente de alcalde están a percibir un soldo de forma ilegal xa que Riotorto dende o mes de xaneiro só pode ter unha dedicación exclusiva, mentres están a percibir dúas.
Os populares preguntan pola opinión do alcalde
Dende o Partido Popular de Riotorto queren saber se o alcalde considera xustificadas as dúas dedicacións exclusivas do equipo de goberno, e que fará para cumprir co nova Lei da Administración Local.
“Quero pensar que vostedes que tanto falan de transparencia e austeridade, se reducirán o salario á metade ou un deles deixará de percibir dedicación”, aseguran dende o PP, que cre que a retribución que perciben “non é lóxica e os veciños non entenderían que non o fixesen”.
En concreto, os populares pídenlle a García que dimita do cargo e solicite a pensión de xubilación, xa que para unha poboación de “1.400 habitantes, non son necesarios dous cargos políticos cobrando dos impostos dos veciños”.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



