Lugo, 21 de marzo de 2014. O delegado de Cultura e Turismo e portavoz do BNG na Deputación de Lugo, Mario Outeiro, anunciou na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno da institución provincial, o apoio aos afectados polas participacións preferentes e subordinadas que, unha vez cumprido o prazo de 90 días establecido polo novo dono de Novagalicia Banco para ofrecerlles unha solución en firme, a entidade bancaria segue sen proporcionarlles unha saída á súa difícil situación.
Segundo explicou Outeiro, “dende a Deputación de Lugo vimos denunciando o espolio que están a sufrir as afectadas e afectados por estes instrumentos híbridos de capital dende que se destapara a existencia destes produtos financeiros, máis aínda cando se teñen utilizado miles de millóns de euros de diñeiro público para rescatar á banca, máis de 9.000 millóns no caso de NGB, en detrimento de servizos públicos básicos que afectan á maioría da cidadanía”.
“Estamos ante unha estafa, – continuou o delegado- tanto a nivel económico como a nivel moral e social, que afecta a máis de 35.000 galegas e galegos, que viron como se ten xogado cos seus intereses por parte dunha entidade que, a día de hoxe, aínda non deu ningunha explicación acaída dos motivos que a levaron a anunciar publicamente unha solución que chegaría en 90 días, e da que aínda non se teñen noticias”.
O Parlamento Galego aprobou por unanimidade, a semana pasada, a proposición de lei presentada polo Bloque Nacionalista Galego para que o colectivo das afectadas e dos afectados polas participacións preferentes cobren a totalidade dos cartos investidos. Un colectivo que a pesares das promesas incumpridas do señor Escotet, segue a reivindicar os seus dereitos con apoios como o do Bloque, e que de novo onte, se manifestou nas distintas oficinas que NGB ten por toda Galiza.
Neste sentido, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo demanda o apoio de todas as forzas políticas do Estado representadas no Congreso dos Deputados á proposta do Bloque que xa foi aprobada por unanimidade no Parlamento Galego, co fin de esixir ao señor Escotet unha solución inmediata para as máis de 35.000 persoas que, en Galiza, foron enganadas pola entidade financeira da que agora é responsábel. “Non queremos que ocorra o do pasado 28 de maio cando o Partido Popular en Galiza votaba a favor dunha moción de apoio aos preferentistas, mentres que en Madrid rexeitaba a iniciativa” – concluíu Outeiro.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



