Presto Xove organiza, en colaboración co Concello de Xove e a Área de Cultura da Deputación Provincial, o XXIV Curso de Formación Orquestral Semana Santa 2014 entre o luns 14 e o venres 18 de abril.
As clases e concertos desenvolveranse no Centro Cívico da localidade coa participación dos profesores convidados: Joan Ibáñez (frauta), David Villa (oboe), Antonio Suárez (clarinete), Álex Salgueiro (fagot), Benxamín Iglesias (trompa), Gregorio Nedobora (violín), Rebeca Maseda (violín) e Anxo Leitao (contrabaixo).
Ademais participan os profesores Manuel Fernández Gayol (violín), Olalla Canoura López (violín), Saúl Canosa Ínsua (clarinete), Nazaret Canosa Ínsua (violín), Iván Siso (violonchelo) e Xulia Nogueira (violonchelo) baixo a dirección de Xan Carballal.
O prezo do curso é de 30 euros para os interesados na formación cameral, mentres que para ambas (cámara e orquestra) será de 50 euros. Os interesados poden recibir máis información nos teléfonos 677 83 88 12 e 666 75 75 53 ou a través do enderezo electrónico prestoxove@gmail.com.
O concerto de Cámara celebrarase o xoves 17 ás 19.00 horas, mentres que o venres 18 se celebrará o concerto final á mesma hora baixo o seguinte programa: “O rapto do serrallo”. Abertura, W.A. Mozart; “A vitoria de Wellington” op.91 (versión grupo de ventos), L.V. Beethoven; e Sinfonía nº 104. “London”, F.J. Haydn.