A aula CeMIT de Foz, que está na Casa da Xuventude, acolleu un curso de iniciación a internet durante esta semana, do luns 24 ao venres 28. Estivo organizado pola Delegación da Muller do Concello focense, que dirixe a concelleira Mercedes González Alonso, e a asociación AFAMMER Foz. Foi a segunda actividade formativa de iniciación a internet para asociacións de mulleres focenses promovido polo Concello e a aula CeMIT.
