Partido trepidante e con grandes doses de emoción o disputado polos candidatos ao título de Liga de Primeira División. O Burela Pescados Rubén caeu derrotado en La Estación polo Atlético de Madrid (4-3), tras remontada roxiblanca no tramo final con xogo de cinco. Con esta vitoria das madrileñas, as mariñás ceden o liderato a un Atlético de Madrid que se sitúa con 60 puntos, polos 58 do Burela Pescados Rubén.
O duelo no cumio non decepcionou, tras uns primeiros compases de tanteo no que ambas escuadras mediron as súas forzas as roxiblancas tomaron a iniciativa no marcador. Nunha contra, previa falta a Bea Mateos, Ju Delgado situou o 1-0 que ampliou Rosana (2-0) tras superar a Jozi no un contra un. A eficacia goleadora colchoneira danou a nave burelesa por uns instantes ata que emerxeu a figura da súa capitá. Lidia Mesías aproveitou varios rexeites recortando distancias (2-1), minuto 13, e o Burela Pescados Rubén retomou o mando do choque. O dominio laranxa careceu de efectivade nas ocasións xeradas, Lara desperdiciou un dobrepenalti nos últimos segundos e ao descanso chegouse co 2-1.
Na continuación, a escuadra dirixida por Quico Otero aumentou o seu control do xogo e logrou remontar o marcador. Unha vez máis, Lidia Mesías deixou o seu selo no encontro cun golazo pola escuadra que supuxo o empate (2-2) e Claudia logrou o 2-3 que referendaba o bo xogo visitante, minuto 35. As burelesas gozaron de ocasións para pechar o encontro pero sin acierto. O Atlético apostou polo xogo de cinco, arma que finalmente resultou decisiva no desenlace do choque xa que Cris e Natalia logron bater a meta laranxa para remontar o choque e sumar un triunfo (4-3) que lles permite recuperar o liderato.
Atlético de Madrid: Belén, Anita Luján, Natalia, Cris, Ju Delgado –cinco inicial- Rosana, Rocío, Peke.
Burela Pescados Rubén: Jozi, Peque, Bea Mateos, Claudia, Daniela –cinco inicial- Lara, Lidia, Maite.
Goles: 1-0, m.6, Ju Delgado; 2-0, m. 10, Rosana; 2-1, m.13, Lidia; 2-2, m.30, Lidia; 2-3, m.35, Claudia; 3-3, m.36, Cris; 4-3, m.39, Natalia.
Árbitros: Iván Belhoyo, Javier Montero. Colexio madrileño, amosaron cartón amarelo no Atlético a Ju Delgado e Cris, e no Burela a Bea Mateos.
Incidencias: Xornada 23 da Primeira División disputada no pavillón La Estación de Navalcarnero. 600 espectadores, con numerosa presencia da afeccionados laranxas na grada.



























Arxentina de nacemento e viveirense de corazón, retomou en Galicia a súa vocación artística e atopou na escultura a súa forma de expresión. A súa obra céntrase en figuras humanas cargadas de emoción, en soidade ou en relación cos outros. A exposición reúne pezas seleccionadas e premiadas en certames de Madrid, Barcelona, Valdepeñas e Florencia nos últimos oito anos, que agora regresan —como a súa autora— á casa. Poderá visitarse ata o 29 de agosto.
Villares gabou o traballo do club Val de Francos, “que en tempo récord logrou situar esta cita entre as máis atractivas da provincia para os afeccionados á hípica”. Neste sentido, destacou a proxección que está a gañar este deporte e o impulso que recibe da Xunta, principalmente a través dun convenio coa Federación Hípica Galega polo que destina máis de 80.000 euros para as actividades a desenvolver este ano. A proba discorrerá por camiños forestais de terra, a excepción dos cruces de estradas, e constará de tres modalidades, con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros respectivamente.
A clasificación final quedou do seguinte xeito: en Sub-10, Los 5 FC proclamáronse campións, seguidos de Los Balones; en Sub-12, o primeiro posto foi para Aston Birra, seguido de Minavo de Kiev e The Blues Bananas; en Sub-15, o equipo Piti levou o título, seguido de PDC e Camoca; en Sub-17, PDC acadou o primeiro posto, por diante de Papa Cu Leti e Motototo; e na categoría Sénior, Motototo resultou gañador, seguido de Descansa e Texeira Lima. As medallas foron entregadas pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros José Manuel Balseiro e Alfredo Fernández, que felicitaron a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.
As reservas poderán realizarse por teléfono, chamando ao 982 560 162, ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.gal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá solicitar un máximo de catro entradas. Desde o Concello de Viveiro anímase á veciñanza a asistir a esta representación e lembra que as reservas se atenderán a partir da apertura do prazo.
A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
