O Burela Pescados Rubén gana con solvencia ao Colegio Arenas Gran Canaria (3-7) e suma tres puntos que o manteñen nos postos de Play Off polo título.
Durante o primeiro periodo os bureleses lograron sorprender continuamente aos canarios con numerosos contragolpes e mostrando unha seriedade defensiva que evitou calquera acción de perigo amarela. Juanma abriu o marcador no minuto seis (0-1) e as oportunidades de aumentar a renda sucedéronse pero a escasa eficacia laranxa propiciou que o Gran Canaria chegase vivo ao descanso.
Na segunda parte o Burela puxo a directa e pronto logrou o 0-3, con goles de Iago Míguez e Burrito, minuto 24. A reacción local foi o xogo de cinco que aínda que en primeiro instancia permitiulles recortar diferenzas (2-3) acabou sendo o camiño directo á derrota. Co 2-3 os pupilos de Juanlu retomaron o pulso con goles de Burrito (2-4) e do meta laranxa Alex (2-5) e liquidaron con autoridade o encontro ante un conxunto local que baixou os brazos. O Burela Pescados Rubén acabou o choque con tranquilidade e cunha contundente vitoria por 3-7.
*Foto: Prensa C.A. Gran Canaria





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
