Por distintos motivos sabemos de numerosas persoas que sen ser indíxenas, foi en Foz onde por primeira vez ollaron o mar. Así o proclamaba, por exemplo, o escritor Carlos G. Reigosa o pasado verán pronunciando o pregón do San Lourenzo, e engadia que aquí por vez primeira falara por teléfono e fora ó cine.
Nonos consta que Cunqueiro manifestara tal extremo, aínda que temos a sensación de que foi así. O que sí lle escoitamos foi: “… para un mindoniense coma mín, o seu mar é o mar de Foz”. Era o ano 62 cando o que suscribe, por casualidade, asistía á tertulia que a cotío celebraban un grupo de xornalistas e homes de letras na histórica taberna de “Elixio” de Vigo, onde o autor de “Merlín e Familia” exercía o xornalismo; e foi alí onde o admirado escritor pronunciou esas verbas das que por avatares da vida fumos testigo e que tan gratamente nos chegaron ós ouvidos. Sí temos lido e escoitado en ocasións á tamén mindoniense, Marina Mayoral expresarse en idéntico sentido. Acabamos de ler o fermoso libro de memorias que o exitoso escritor vilalbés Agustín F. Paz titula “ O rastro que deixamos”, no que inclue o relato “Primeiro mar”, onde conta cómo foi en Foz que tivo a primeira visión do horizonte infindo,mais alá da súa espléndida chaira nativa, e o contacto coa auga mariña.
O pai de Agustín era músico e tocaba a trompeta na orquestra Mato da capital chairega, de grata lembranza para o cronista. Un domingo de 1955 actuaba, en sesión de tarde, nun salón de baile de Foz e dada a proximidade entre ambas poboacións e, coidando nunha volta á casa relativamente cedo, trouxo con él ó neno Agustín (8 anos) para que vira o mar.A actuación foi no “Bahía”, a sala por entón de actualidade na vila e a bisbarra e a descripción que o autor fai do traxecto entre ésta e o mar correspóndese coa mesma. O escritor remata o nostálxico episodio con estas verbas: “Aquel mar azul escuro, aquela area, aquela auga nas miñas mans, aquel grolo salgado na miña boca, irán sempre na miña memoria asociada a meu pai. O mar de Foz, o meu primeiro mar…”




















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



