Desde a Agrupación Médica de CIG-Saúde denuncian a privatización da xestión das Incapacidades Temporais (baixas laborais) e o recorte de dereitos que isto supón, potenciando a burocratización do traballo das e dos médicos de Atención Primaria e xeneralizando a presunción de fraude por parte das traballadoras e traballadores. Tamén denuncian a pretensión de dar acceso ás Mutuas á Historia Clínica Electrónica, co que IANUS deixará de ser unha ferramenta clínica e pasará a ser unha ferramenta de control das persoas en situación de baixa laboral.
O pasado 20 de decembro de 2013, o Consello de Ministros ten aprobaba o “Anteproxecto de Lei de Mutuas da Seguridade Social”.
Coa elaboración deste Anteproxecto abandonase a tramitación do proxecto de Real Decreto (RD) de reforma da Incapacidade Temporal (IT), tras case un ano de negociacións, e que recibira múltiples críticas, entre elas as da CIG-Saúde.
Este Anteproxecto trata fundamentalmente de tres asuntos: A reforma do réxime xurídico das Mutuas, a modificación da xestión da IT e a creación dun “sistema específico de protección por cese de actividade dos traballadores autónomos”.
A modificación da xestión da IT, tal e como xa apuntaba o texto do abandonado RD de reforma da IT, supón un claro recorte de dereitos dos traballadores e traballadoras, xeneralizando a presunción de fraude pola súa parte. Non concede as Mutuas a capacidade de dar Altas de xeito directo, pero establece un mecanismo de resposta ás propostas de alta, con solo 5 días para resolver, e en ausencia de resposta producirase a “Alta presunta” por silencio administrativo, co que de feito produciranse Altas con este mecanismo deixando as e os traballadores sen prestación económica, sen que medie unha resolución explícita por parte do seus médicos de familia ou dos servizos de inspección do SERGAS, o que pode redundar en fonte de conflitos e inseguridade xurídica tanto para as e os médicos de familia, como para as e os pacientes.
Con esta medida se consigue que sexan as Mutuas as que dirixan esta prestación e actúen como autoridade de control da mesma, ignorando as propias competencias do Servizo Galego de Saúde, que perde as súas competencias de inspección sanitaria entregándollas ás Mutuas.
Ademais incorpora novas competencias asistenciais para as Mutuas que de feito supoñen un novo paso na fragmentación e na privatización da asistencia sanitaria das e dos traballadores. As Mutuas poderán establecer convenios co SERGAS para adiantar prestacións asistenciais a traballadoras/es de baixa, tendo a sanidade pública que pagar por eses convenios, cando até hoxe, se adiantaban prestacións, tendo as Mutuas o beneficio da menor duración do proceso de IT.
O Anteproxecto pretende regular, tamén, as comunicacións entre tódolos axentes que participan na xestión das ITs, médicos de familia, inspección do SERGAS, do INSS e as Mutuas, como se todos estiveran no mesmo plano e tiveran a mesma responsabilidade asistencial sobre o paciente. Dando acceso á Historia Clínica Electrónica a tódolos actores, incluíndo INSS e Mutuas, pervértese o carácter de ferramenta asistencial da Historia Clínica Electrónica, utilizándoa para conceder ou denegar prestacións económicas.
Así o asegurou o director xeral da Carteira Básica de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia, Agustín Rivero en referencia á futura Lei de Mutuas. “O ministerio quixo incluír que os profesionais das aseguradoras poidan entrar nas historias clínicas”. Para xustificar esta medida dixo que así no sistema sanitario non habería que repetir procedementos nin tratamentos.
De continuar con estas medidas, IANUS deixará definitivamente de ser unha ferramenta clínica e pasará a ser, cada vez máis, unha ferramenta de control das e dos profesionais para fiscalizar o gasto xerado pola actividade asistencial e das e dos pacientes para conceder ou denegar prestacións económicas.
Desde a Agrupación Médica de CIG-Saúde demandan do goberno a retirada deste Anteproxecto por atentar contra os dereitos das e dos pacientes, das e dos traballadores e das e dos profesionais da Sanidade Pública, e pedimos aos Partidos políticos con representación no Parlamento español que se opoñan á súa aprobación.
Tamén esixen da Xunta que defenda ás súas competencias, reclamando o mantemento das funcións da Inspección Médica e das e dos médicos de familia, e que defenda que a Historia Clínica electrónica ten que ser unha ferramenta de uso clínico, elaborada e xestionada polo persoal da sanidade pública, e ao servizo da saúde da/o paciente.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



