As procesións de Semana Santa en Mondoñedo están organizadas pola Fraternidade Local da Orde Franciscana Seglar, esta Orde foi fundada en Mondoñedo o 24 de febreiro de 1734, sendo Guardián do Convento de “El Rosal” Fray Isidoro de San Josquín, o seu primeiro Ministro foi Don Cipriano Antonio Gutiérrez, quen fabricou as súas expensas a capela da Orde e o seu retablo.
Procesións:
VENRES 11 DE ABRIL
20.30 horas. Na Casa da Xuventude pregón pronunciado polo Excmo. e Rvdmo. Sr. D. Manuel Sánchez Monge; Bispo da Diócese Mondoñedo/Ferrol. Ao remate do mesmo actuación da Coral Mestre Pacheco da Escola Municpal de Música O Pallarego de Mondoñedo.
DOMINGO DE RAMOS, 13 DE ABRIL
19.00 horas. VIACRUCIS PENITENCIAL NA CAPELA DA ORDEN TERCEIRA, ao remate do mesmo saerá a Procesión do “ECCE HOMO” na que desfilarán as imaxes do ECCE HOMO (S.XIX) e a DOLOROSA (S. XVIII), co acompañamento da Banda de Cornetas e Tambores da Orde.
19.30 horas. PROCESIÓN DO ECCE HOMO, Capela da Alcántara.
MÉRCORES SANTO, 16 DE ABRIL
19.00 horas. VIACRUCIS PENITENCIAL. Antigo percorrido polo Mosteiro dos Picos. A saida ten lugar dende a Igrexa de Os Remedios.
XOVES SANTO, 17 DE ABRIL
21.00 horas. Saída da Capela de Santiago no Barrio de Os Muíños da PROCESIÓN DO PRENDIMENTO cos pasos DA FLAXELACIÓN (S. XVII), ECCE HOMO (S. XVII), SAN XOÁN (S. XVIII); CRISTO DE MEDINACELLI (S. XVIII) escoltado por alabarderos, incorporándose na Plaza de A Fonte Vella a VIRXE DA AMARGURA, abrindo esta procesión a Barnda de Cornetas e Tambores da Orde Terceira, sendo acompañada no seu percorrido polas máis antigas rúas da cidade por unha gran cantidade de fieis ata a súa Capela da Orde Terceira na Alcántara.
VENRES SANTO, 18 DE ABRIL
10:30 horas. Procesión do SANTO ENCONTRO: narrada dende o púlpito instalado na Fonte Vella polo Rvdo Don Pedro Díaz Fernández, quen nos indicará os distintos momentos que se representan polas imaxes articuladas (caidas, encontro coa Verónica, encontro con Xoán e o encontro coa súa nai a Virxe Dolorosa). A procesión abrirana a Banda de Cornetas e Tambores seguida polos fieis.
18:00 horas. Procesión do SANTO ENTERRO: saída da Sta Igrexa Catedral Basílica cos seguintes pasos: CRUZ (s. XII), SANTO SUDARIO, INSIGNIAS, DOLOROSA (s.XVIII) e SANTA URNA CO CRISTO XACENTE. Procesión que ten a peculiaridade de ser soamente de homes e encabezada pola Banda de Cornetas e Tambores.
21:00 horas. Procesión DA SOEDADE: procesión das máis espirituais, é soamente de mulleres. Sae da Santa Igrexa Catedral Basílica constando dos seguintes pasos: CRUZ (s. XII), SANTO SUDARIO, SAN XOAN E DOLOROSA. O ORFEON DE OBREROS canta a peza do Mestre PACHECO “Plorans” que soamente se pode executar en Mondoñedo e na Capela Real de Madrid. Abrindo a procesión encabezada pola Banda de Cornetas e Tambores.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



