O sábado 29 de marzo celebrouse no I.E.S. Anxel Folo de Lugo, a IX xornada da Liga Nacional de Billarda da Conferencia Norleste.
Foi esta unha emocionante cita na que a maioría dos primeiros clasificados deron mostras de fraqueza, tembloulles o pulso e cederon a iniciativa aos rivais co que de novo os postos siguen bailando. Quén mellor parado saiu do envite foi Daniel, que acadou un pleno que lle serviu para gañar o aberto e subir o primeiro escalo da clasificación. Tamén aproveitaron para escalar algún posto Franco, Javi Moran, Geni e Santi, pola contra, o baixo rendimento na xornada fai que baixen Suso Coedo, Juan e nomeadamente Regueiro que fai duas xornadas iba en cabeza e ahora atópase no 6º posto.
O desenlace esta cava vez máis perto. Según están as cousas, cada xornada convertese en decisiva para as aspiración de uns e outros. Os erros páganse caros a estas alturas é os desexos de gañar, as veces xogánche una mala pasada e fan que erre-lo golpe. O xogo, que non deixa de selo e vai e ven como lle peta.
Comentar que a achega de palanadores non foi tan abondosa como acostuma a ser, ainda que nos achegamos ao medio cento e o chan do pavillon deportivo axudou a que a xornada resultara rápida e moi dinámica.
A falta de unha carreira había tres posibles plenos: Paula, dos Cruzados (que fixo o seo mellor partido da tempada), Javi Moran de Carabullo de Teixo (cómodamente asentado xa na élite dos grandes palanadores do NorLeste) e Daniel de Billardeiros Musicais (actual campión nacional). Paula cedeu ante Santi e Javi Moran non pasou do empate con Diego, so Daniel aguantou o tirón e doblegou, non sin esforzo, a Xermán acadando un triunfo que se lle viña resistindo perante toda a tempada.
Para o segundo e terceiro posto Javi Morán e Franco disputaron dúas carreiras das que o italo-galego e Billardeiro Musical saiu gañador.
Por equipos tamén os Billardeiros Musicais destacaron nesta data e siguen comandando sin problemas.
Os Billardeiros Musicais quixeron ofrecer este triunfo o seu compañeiro Markytos, ingresado no Hospital da Costa e operado de urxencia por un pequeno problema do que vai xa recuperando. Veña chaval! Moito ánimo e recupérate pronto!
A xa penúltima xornada da liga regular esta fixada para o 12 deste mes de abril en Bretoña. Agardamos por todos vos e mentras tanto, así quedan as clasificacións:
Individual:
Daniel 70 p., Juan 67 p., Coedo e Santi 66 p., e Charli 65 p.
Equipos:
Billardeiros Musicais 305 p., Carabullos de Teixo 259 p. e Troitas Bravas 225 p.
Varados:
Santi 10, Daniel 8, Regueiro 7, Charli 5, Artai, Dani Moran, Markytos e Richar 3.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
