Lourenzá, 8 de abril de 2014. O Concello de Lourenzá empezou as obras para mellorar estradas municipais nas catro parroquias do concello cun investimento total de 104.800 euros. Unha das actuacións que se executará é o arranxo do acceso a Condemiña.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou hoxe que “xa hai dúas semanas que iniciamos as obras de mellora en distintos viais do concello de Lourenzá por un importe de 104.825 euros. Estes investimentos vanse facer con cargo a fondos do Concello, tamén do POS 2013-2014 e do plan Marco. Estas obras estiveron paradas ata o día de onte pola choiva dos últimos días, motivo polo cal se retrasaron no tempo xa que a nosa intención era ter feito parte delas dende finais do ano pasado”.
A rexedora engadiu que as obras que se están executando hoxe “son concretamente as da pista da Pateira, en San Adriano, pero xa están feitas outras como o acceso ao campo da festa en San Xorxe ou tamén unha ampliación do vial de acceso dende un camiño municipal no lugar do Foro á estrada da Deputación LU-2802”.
A raíz das críticas realizadas nas últimas horas polo PSOE, Emma Álvarez aclarou que “faranse obras de mellora en distintos viais das catro parroquias do concello e concretamente unha das estradas que está previsto arranxar é o acceso a Condemiña, que se fará con cargo a estas subvencións. Son traballos que a propia portavoz municipal do Partido Socialista sabe que están a piques de facerse xa que foron aprobados os seus proxectos na xunta de goberno local e tamén a adxudicación das obras, a non ser que á portavoz socialista non lle importe nin o Concello nin os seus veciños e non se molestara nin en ler as actas das comisións de goberno, que lle son entregadas en man no seu propio domicilio. Ao grupo de goberno municipal sorpréndenos que soamente se acorde do vial de Condemiña, pero se esqueza doutros moitos que hai no concello, posto que 104.825 euros son os que están pendentes de investir e soamente se acorda dun vial concreto”.
A alcaldesa considera que “as próximas eleccións fan espertar do letargo aos socialistas de Lourenzá posto que curiosamente se acordan agora, en case precampaña electoral das europeas, dunhas obras nun vial que eles mesmos saben que se van facer e bótannos a culpa a equipo de goberno de que as vamos asfaltar antes das eleccións, cando en realidade a portavoz socialista sabe perfectamente que ese vial xa está programado para executar a súa reparación. Polo tanto creo que quen ten en conta as eleccións non é o grupo de goberno senón os socialistas de Lourenzá. E neste caso quedou demostrado posto que a día de hoxe dende que eu son alcaldesa, dende o 15 de setembro de 2012, non presentaron unha soa iniciativa no Concello e sorprende que precisamente agora saian a protestar por un vial cando xa saben que se vai arranxar”.
Álvarez Chao rematou anunciando que ademais das estradas previstas tamén será arranxado o acceso ao barrio dos Carballás, obra que será executada con fondos do Concello.

























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



