O Burela FS Pescados Rubén gozará mañá dunha nova experiencia de derbi galego, na 25ª xornada de Primeira División, fronte ao Ponte Ourense. O cadro laranxa visitará Os Remedios, ás 17.00 horas, manténdose á caza do líder, Atlético de Madrid Navalcarnero, que avantaxa as mariñás (61 puntos) en dous puntos.
“O Ponte é un cadro que por configuración debería estar pelexando con nós arriba. Demostrou do que é capaz cos grandes; empatou co Navalcarnero e Ciudad de Alcorcón e a nós tamén nolo puxo moi difícil” avaliaba así a perigosidade do rival –sétimo na táboa- o técnico burelista, Quico Otero, lembrando o traballado 5-4 de Vista Alegre e salientando as múltiples alternativas de xogo ourensán, “con pivote, de catro… con xogadoras con gol, que saben ler o partido”. “É unha mágoa que non estea máis arriba na clasificación; a irregularidade do primeiro tramo da primeira volta pesoulles demasiado” puntualizaba o viveirense.
O cadro de Quico Otero realizará esta tarde, ás 20.00 horas, o último adestramento da semana, sen lesións no vestiario; Paula, incorporada completamente á dinámica do equipo, podería gozar dalgún minuto. Este sábado, ás 10.30 horas, partirá con rumbo aos Remedios.
Tras o partido en Ourense, o CD Burela FS Pescados Rubén deberá agardar ao desenlace entre o Atlético de Madrid Navalcarnero e La Rioja FSF, sexto clasificado, que se medirá o domingo, ás 13.00 horas (La Estación).
Pontinas e laranxas volverán verse as caras na final da XXIII Copa Galicia, o 1 de maio, en Ferrol (A Malata, 17.00 horas).
Gotas para Níxer
O CD Burela FS Pescados Rubén participou esta mañá na carreira solidaria de Unicef ‘Gotas para Níxer’, coa presenza das xogadoras Lara, Bea Mateos e Cris, acompañadas polos técnicos da base Christian e Javi. Preto de 200 rapaces/as dende o IES Monte Castelo e a Fundación Eu Son correron na cita organizada a través da Concellería de Medio Ambiente de Burela, que contou coa colaboración do alumnado do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas do centro burelao. Os participantes na carreira colaboraron con Unicef mercando os seus dorsais por 1 euro cada un; a recadación será destinada ao proxecto ‘Gotas para Níxer’.
*Fotos: A Caixa Escura Produccións.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
