O Burela Pescados Rubén imponse por 2-4 no derbi galego disputado en Os Remedios ante o Ponte Ourense e déitase como líder da Primeira División á espera do duelo entre o Atlético de Madrid e Rioxa que se disputa este domingo ás 13.00 horas.
Nun escenario complicado, as mariñáns sumaron tres puntos vitais ante un Ponte Ourense competitivo que vendeu cara a súa derrota. O Burela Pescados Rubén superou a presión inicial das ourensáns e por mediación de Maite logrou situarse con vantaxe (0-1) aínda que a resposta local foi inmediata, establecendo Laura o empate (1-1) tras un córner.
Con igualdade e máxima intensidade ambas escuadras buscaron a meta rival pero sería de novo o Burela o que definía, nesta ocasión a protagonista foi Bea Mateos que situou o 1-2 co que se chegou ao descanso.
Na segunda parte, as burelesas foron impoñendo o seu ritmo, variando os seus recursos e co 1-3 logrado por Peque minaron a unha escuadra local incapaz de manter a presión do primeiro periodo. O Burela tomou definitivamente as rendas do encontro e co 1-4, marcado por Bea Mateos, obrigou ao Ponte a optar polo xogo de cinco. Dryca recurtou distancias no último minuto, situando o 2-4 definitivo que permite ao Burela Pescados Rubén acostarse coma líder.
Ficha técnica
Ponte Ourense: Vane, Souza, Rosangela, Marta, Laura –cinco inicial- Anita, Bea Seijas, Dryca.
Burela Pescados Rubén: Jozi, Bea Mateos, Peque, Claudia, Daniela –cinco inicial- Lidia, Lara, Maite.
Goles: 0-1, m.7, Maite; 1-1, m.7, Laura; 1-2, m..9, Bea Mateos; 1-3, m.26, Peque; 1-4, m. 33, Bea Mateos; 2-4, m.39, Dryca.
Árbitros: Oliver Cardero, Fidel González. Amosaron cartón amarelo a Rosangela e Bea Seijas no Ponte Ourense e polo Burela Pescados Rubén a Bea Mateos e Lara.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
