Foz, 14 de abril de 2014. A XII Ruta das Tapas de Foz terá lugar do 17 ao 19 de abril en 22 locais hostaleiros da vila. A cita, organizada pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos, celébrase por primeira vez durante tres xornadas, xa que nas pasadas edicións a súa duración era de dous días, venres e sábado.
Desde a directiva de ACIA Foz sinalan que “o queremos é ofrecer unha proposta gastronómica durante a semana santa, para que a disfruten tanto os veciños e as veciñas da nosa vila coma aquelas persoas que chegarán a Foz a pasar estas vacacións. A Ruta das Tapas xa está consolidada en Foz e o que agardamos é que o tempo acompañe e que volva ser un éxito de público”.
Os establecementos que participan na XII Ruta das Tapas son: A Funcional, A Maseira, A Rula, Bar 78, Bar Oiche, Café-Bar Dallas, Cafetería Express, Cafetería Happy Days, Cafetería Mayros, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Xoyma, Casa da Roxa, Casa Damián, Fraggle Rock, Hotel Restaurante Leytón, Mesón O Tangarte, Namarinos, Náutico Centro Social, O Muelle Bar, Pizzería Xoiña, Restaurante Dandy, Restaurante O Lar e Restaurante O Tangarte Mariñeiro. O prezo das tapas que se ofrecerán nestes locais será de 1,50 euros.
ACIA Foz anima “a achegarse a Foz a saborear as interesantes tapas que están a deseñar e a preparar os establecementos hostaleiros participantes para sorprender a toda a súa clientela”.
























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



