Lugo 14 de abril de 2014.- O Grupo Provincial do Partido Popular denuncia “incumprimentos e falta de rigor” do presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, coa Xustiza, “quen tarda en respostar aos requirimentos xudiciais e inclusive envía informes que non se corresponden co solicitado”.
Así o puxeron de manifesto este luns os populares, tras ter coñecemento de que o Xulgado do Contencioso Administrativo nº2 Lugo se viu obrigado ata en tres ocasións a solicitarlle ao socialista o expedidente que motivou a interposición dun recurso (nº 155/2013) contra desestimación presunta de reclamación patrimonial por un accidente ocorrido na estrada LU-P-5903 (de Sober a Sada), a consecuencia da irrupción dun corzo na calzada.
Deste xeito, os populares critican a deixadez coa que Gómez Besteiro actúa ante os requirimentos xudiciais e explican que mentres a reclamación de responsabilidade patrimonial foi presentada o 13 de xullo de 2012; o 31 de xaneiro de 2014 o Xulgado acorda de novo “requirir directamente á autoridade ou persoal responsable da Administración autora do acto recurrido e, por terceira vez, a urxente remisión do expediente administrativo correspondente…”.
Falta de rigor no expediente de Ferreira a Currelos
Mentres Gómez Besteiro presume dunha administración transparente, os documentos amosan o contrario e soportan o “pouco compromiso” e a “nula seriedade” que manifesta o ente provincial ante os escritos remitidos dende o Xulgados do Contencioso Administativo nº1 e nº 2 de Lugo.
Esta afirmación foi reiterada polos populares, que explican que a da estrada LU-P-5903 non é a única mostra da desatención da Deputación ante as peticións xudiciais. Dende o GPP lembran que en resposta ao requirimento de información do Xulgado do Contencioso nº1 de Lugo, sobre o procedemento relativo ao accidente na estrada LU-P-4102 (Ferreira a Currelos); Gómez Besteiro remitiu un expediente cun arquivo fotográfico distinto ao do lugar requirido, con informes sen datas e sen asinar, sendo advertidos polo xulgador de “que non lle dedicaran a atención que o asunto requiría”.
Os populares lembran que a sentenza 201/2013 de 5 de xullo de 2013 estima que a administración provincial debe asumir as costas e indemnizar ao afectado do accidente, que tivo lugar o 2-1-2011, na estrada LU-P- 4102 de Ferreira a Currelos, ao seu paso polo concello de Saviñao, e debido ao “deplorable estado de conservación” da vía.
A referida sentenza recolle que a Deputación de Lugo aportou documentos fotográficos donde segundo expoñen dende a administración provincial, “non se observa bache ningún”. Pola contra, no informe Arena dos axentes da Garda Civil referenciase que as fotografías obrantes ao folio 43 –as aportadas pola Deputación- do expediente non se corresponden co punto kilométrico onde tivo lugar o accidente, o 7,3.
Deste xeito, o Xulgador di que “no caso que nos ocupa, quíxose resolver o caso sen adicarlle a atención que requería, máxime cando das fotografías ás que se fixo mención se desprende, non só a existencia dun bache na segunda delas á esquerda, senón que, ademais, se constata unha carretera en deplorable estado de conservación”.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



