Cervo, 14 de abril de 2014- Obradoiros de maxia, xardinería ou manualidades son algunhas das actividades previstas para os Enredos de Semana Santa, un programa de conciliación da vida laboral e familiar que comezou esta mañá na Casa do Mar e que a concellería de Servizos Sociais ofrecerá ata o mércores día 16 incluído.
Nesta ocasión son uns 40 nenos e nenas de educación infantil e primaria os que participan nestas actividades que o Concello pon en marcha nos períodos de vacacións. Primeiro foron os Enredos de Verán e, despois do seu éxito, a administración local decidiu estender esta iniciativa a outras épocas como o Nadal ou, como neste caso, a Semana Santa co mesmo obxectivo en todos os casos: axudar aos pais e nais neses períodos nos que teñen que traballar mentres os seus fillos non teñen clase.
“Cos Enredos propoñemos unhas xornadas de entretemento para os pequenos e de tranquilidade para as familias” explica a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada. Da mesma maneira, a administración local tamén pretende que os nenos e nenas teñan alternativas de diversión e aprendizaxe nas súas vacacións, dinamizando o seu tempo libre a través de actividades atractivas e participativas.
Unha filosofía, a de mesturar educación con diversión, coa que o Concello traballa en todas as actividades dirixidas ao público infantil, como é o caso tamén do Taller de Teatro Infantil (todos os venres) ou da Ocioteca (todos os sábados).























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



