Lugo 29 de abril de 2014.- A voceira do Partido Popular na Deputación de Lugo, Elena Candia, lamentou este martes que o equipo de goberno da Deputación votase “con moitas ganas” en contra á proposta do PP na que se trasladaba a demanda do sector e se solicitaba un incremento no apoio económico ás confrarías de pescadores.
A popular reprobou as declaracións do voceiro socialista, Manuel Martínez, quen asegurou que “imos a votar en contra desta moción con moitas ganas”. Para os populares, PSOE e BNG non só están a votar en contra dunha iniciativa necesaria que se posiciona ao lado dos traballadores e veciños, senón que tamén o realizan a través de declaracións que deixan entrever “o pouco que lle importan os lucenses ao equipo de goberno da Deputación”.
En concreto, Candia rexeita as declaracións do nacionalista Antón Veiga que refiriu ao sector de baixura como de “residual”, ata o punto de insinuar a supresión das confrarías.
A popular considera inadmisible esta actitude por parte do PSOE e do BNG ante un sector que facturou durante 2013 en primeiras vendas nas lonxas da provincia máis de 100 millóns de euros. “Estamos ante un equipo de goberno que lle dá as costas aos sectores produtivos da provincia”, matizou.
Neste senso, Candia durante a súa intervención censurou que se sigan a sufrar actividades de pouca importancia, como poden ser cursos de risoterapia ou actuacións de asociacións vinculadas politicamente, mentres se negan a incrementar as axudas a un dos sectores máis fortemente afectados polos temporais.
“Estamos ante a Deputación Provincial que achega unha menor contía económica ás confrías de pescadores”, manifestou Candia; quen contrapuxo os 21.000 euros que aporta a Deputación de Lugo ás confrarías lucenses; aos máis de 484.000 que achega a de Pontevedra. A Deputación de Pontevedra aporta 23.000 euros de media por confraría, mentres que a de Lugo só 3.000 euros.
A voceira popular concluíu ao asegurar que o comportamento da Deputación se contrapón ao dos gobernos populares, que tralos temporais adoptou medidas en apoio aos profesionais do mar en todos os ámbitos, -preventivas e correctivas-, para compensar as perdas, para impulsar medidas de rexeneración produtivas, para reparar infraestruturas danadas…



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



