A Asociación de veciños do burgo de Trasbar convoca o I CERTAME DE NARRACIÓN con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.
As narracións deberán estar escritas en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema que se propón a continuación: TRASBAR
Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cun sobre pechado onde figuren os seus datos persoais (nome, dirección data de nacemento e un teléfono de contacto).
Establécense tres categorías:
A) Infantil: ata 12 anos
B) Xuvenil: de 13 a 18 anos
C) Adulto: maiores de 18 anos
O prazo de presentación dos traballos rematará o sábado, día 17 de maio, debendo ser remitidos á seguinte dirección: Asociación de veciños do burgo de Trasbar, Local Social, Corral Grande, s/n, 27888 Trasbar, Cervo.
O xurado, formado por membros da xunta directiva da Asociación de veciños do burgo de Trasbar, seleccionará un traballo gañador por cada categoría.
O fallo do xurado farase público o 23 de maio.
Os autores premiados recibirán un premio valorado en 80 €, acorde á súa categoría. Os premios entregaranse o domingo, día 25 de maio, no local social de Trasbar.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



