O GAC1 A Mariña-Ortegal inicia esta fin de semana a campaña de Obradoiros Gastronómicos denominada “á Beira do Mar”, levada a cabo a través da Mariña Federación.
Consistirá en realizar ó longo dos meses de maio e xuño, en distintas Vilas mariñeiras da zona da Mariña e Ortegal, un total de 10 Obradoiros Gastronómicos.
Nun ámbito aberto, con acceso libre para o público (lonxas, mercados, prazas…..) montarase unha instalación de cociña portátil. O cociñeiro Suso Liste, da Escola de Hostalería de Foz, realizará á vista do público elaboracións sinxelas de cociña con produtos do mar da zona que estean en tempada. Será o encargado de ensinarnos cómo limpar e cociñar o peixe, cómo racionar un peixe, para saber o rendemento, cómo cociñalo, tanto en formato rápido como máis pousado, aproveitamento do mesmo para sopas fumets, etc.
Lucas Requeijo, de Prato-Do, será o encargado de explicar o aporte nutricional de cada receita, o estudo económico para mirar de rentabilizar as nosas comidas aproveitando os recursos da zona e as tempadas, explicando os soportes elixidos e facendo algunha reseña histórica no seu caso. O acompañamento elixido para cada receita, será de produción ecolóxica e da contorna próxima.
Invitarase ao público a participar, mostrándolles como tratar os produtos na cociña, dende a limpeza dos peixes ou mariscos, á terminación e presentación dos pratos.
Para axudar á tanxibilización e ao recordo do evento, entregarase aos asistentes as receitas das elaboración realizadas polo cociñeiro, ademais doutro material promocional da zoa. Deste xeito, poténciase ademais o consumo do produtos das lonxas e a imaxe do GAC 1 e da Federación de Comercio da Mariña.
Estes obradoiros teñen un dobre obxetivo, a divulgación gastronómica dos produtos do mar da zona costeira e ser un punto de atracción de público e de promoción das nosas Vilas.
Os obradoiros desenvolveranse en 10 dos concellos incluídos no territorio do GAC 1 A Mariña-Ortegal, concretamente na Mariña realizaranse os seguintes:
Dia 3 de Maio, en O Vicedo na Sede do Club Náutico de 16:30 a 20:30 horas.
Dia 11 de Maio en Burela, na Praza do Concello de 11 a 15 horas.
Día 16 de Maio, en Ribadeo na Praza de Abastos de 18 a 21 horas.
Día 17 de Maio, en Xove no Campo da Festa de 17 a 21 horas.
Día 31 de Maio, en Viveiro na Praza da Fontenova de 11a 15 horas.
Dia 21 de Xuño, en Foz na Praza Conde Fontao de 18 a 21 horas.
O resto de Obradoiros realizaranse na zona de Ortegal e serán:
O 3 de Maio en Ortigueira, o 22 de xuño Cariño, 28 de xuño Cedeira e 29 de Xuño O Barqueiro.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



