Ribadeo, 2 de maio de 2014. A comisión pro residencia de maiores en Ribadeo acaba de enviarlle unha carta á conselleira de Traballo e Benestar na que lle lembra que o Concello agarda desde decembro para formalizar a partida de 500.000 euros comprometida pola Xunta para esa importante e necesaria infraestrutura. E pídelle que decida dunha vez por todas, “se apoia ou non o que todos os veciños, veciñas e a Corporación de Ribadeo apoian e piden”. A comisión considera que hai unha clara falla de vontade política en apoiar un proxecto ao que a Deputación de Lugo destinou 1.823.000 euros.
Na carta enviada a Beatriz Mato a comisión lémbralle que “levamos desde o 20 de decembro, data en que presentamos a última documentación, á espera de que nos comunicaran o procedemento a seguir para garantir ou formalizar o finanzamento comprometido por parte da Xunta. Vímonos en consecuencia na obriga de prever nos orzamentos do Concello a achega que vostede nos prometeu con cargo a fondos propios, debido a que tiñamos que licitar a obra para poder investir, e non perder as partidas anuais consignadas pola Deputación e que, necesariamente, xa temos que empezar a xustificar nesta anualidade 2014”.
Sobre o informe que hai uns días chegaba ao Concello de Ribadeo desde dúas Subdireccións Xerais da Consellería de Traballo e Benestar na carta sinalan que se trata “dun contra informe con argumentacións vagas e con pouco coñecemento do proxecto de Ribadeo; e a maior abondamento, un contra informe que ademais fai outra cousa, señora Conselleira, que non podemos permitir: atrévese a poñer en dúbida a legalidade dos procesos de contratación que o Concello de Ribadeo poida facer coa residencia unha vez construída. Procesos que, como é lóxico, nin sequera comezaron. Poucas veces se puido ver tal grao de desconfianza e falla de respecto institucional entre Administracións”.
Na carta asinada polo alcalde, a concelleira de Servizos Sociais, os portavoces municipais do PP, do PSOE e de UPRI e o portavoz das asociacións veciñais din ser coñecedores de que “a outros Concellos desde a Consellería se lles finanzan na súa totalidade ou se lles cofinanzan proxectos similares, sen que exista nin a colaboración, nin a unanimidade do acordo, nin o impulso e mesmo a grave necesidade que ten o de Ribadeo. Non lle estamos a solicitar nada extraordinario. Só que colabore connosco, e que cumpra coa súa promesa”.
E subliñan que “de non facelo así, poderán vostedes intentar esconder a súa falta de vontade política para apoiar este proxecto con todos os informes técnicos que consideren, que iso non nos vai facer minguar a nosa responsabilidade de executar en Ribadeo o que lle prometemos a todos os veciños e veciñas. Isto non consiste en abrir unha dialéctica técnica na que non imos entrar. O Concello de Ribadeo ten que cumprir coas súas obrigas e responsabilidades acordes á lei e así o fará, como sempre, e incluso neste caso dará resposta, unha por unha, desde ese punto de vista técnico, a todas as dúbidas que manifestan sobre a viabilidade do proxecto… E vostede, á vista do anterior, deberá decidir dunha vez por todas, se apoia ou non o que todos os veciños, veciñas e a Corporación de Ribadeo apoian e piden”.
A comisión pro residencia de maiores en Ribadeo prégalle a Beatriz Mato que “se contamos coa súa vontade política, e esperamos e desexamos que siga sendo así, nos indique o procedemento a seguir para a sinatura do convenio ou a fórmula que decidan para formalizar a achega prometida dos 500.000 euros anteditos, co obxectivo da construción da residencia de maiores o antes posible, e poña data e hora para dita formalización”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



