A Mariña, 2 de maio de 2014. Para o BNG da Mariña o sucedido no Hospital da Costa cun bebé de dous ao que, en primeira instancia, aplicaron a normativa existente que “con efectos disuasorios” permite esixir a persoas sen cartilla sanitaria en regra compromisos de pago por asistencia que levaron á nai a abandonar o servizo de urxencias do referido Hospital, “norma e protocolo que o BNG cualificou de excluínte e inhumana ademais de constituír unha proba mais da destrución dun modelo sanitario público que ate agora era universal e gratuíto no servizo, e xa deixou de selo. Coa escusa de impedir situacións como o chamado “turismo sanitario” no sistema sanitario público estanse a provocar situacións de exclusión social que nalgúns casos, como o é este, resultan graves e alarmantes e afectan con especial crueza ás persoas con menos recursos. A fronte nacionalista esixe ao SERGAS explicacións claras e convincentes do sucedido e aclaracións sobre a aplicación en Galiza desta normativa estatal que non so afecta especialmente ás persoas con menos recursos, mesmo tamén a aquelas que por circunstancias vitais botan mais de tres meses no estranxeiro.
O CASO DO BEBÉ DE BURELA DESCUBRE NA MARIÑA UN PROTOCOLO DE ATENCIÓN SANITARIA INHUMANO RECOLLIDO NO R.D LEI 16/2012 QUE DEBERÍA SER DERROGADO OU CORRIXIDO
Para @s nacionalistas, por moito que en segunda instancia o bebé fora atendido no PAC do mesmo hospital, non existe ningunha xustificación legal e razoábel do uso da normativa aplicada a este caso cando nunha primeira visita en compaña da súa nai, acudiu ao servizo de urxencias do Hospital da Costa; “con ou sen tarxeta sanitaria en regra, a súa atención debía ser obrigatoria sen importar nacionalidade ou situación administrativa”. Á vista da noticia publicada nos medios de comunicación, “a existencia dun protocolo de actuacións con efectos disuasorios que neste caso provocou en primeira instancia a desatención dun bebé de dous anos no propio servizo de urxencias ou noutro paralelo como o PAC, deixa ao sistema sanitario público galego en evidencia e denota unha ausencia de humanidade gravísima”. Costa entender o sucedido cando en segunda instancia o neno acabou por ser atendido no PAC cando acudiu nunha segunda visita desta vez en compañía dun veciño de Burela, dándose a circunstancia que no caso de Burela este servizo está no mesmo edificio que o de urxencias.
ESIXENCIA DE EXPLICACIÓNS
O BNG, á vista da información publicada, esixe ao SERGAS explicacións claras e convincentes do sucedido. Con todo, ao marxe destas explicacións, consideran que este é un exemplo da degradación do sistema sanitario público que coas políticas aplicadas polo Partido Popular, xa deixou de ser universal e gratuíto no servizo para converse nun modelo excluínte que afecta con especial gravidade ás persoas con menos recursos cunha serie de medidas reguladas polo R.D. 16/2012 de 20 de abril que debería ser derrogado ou corrixido.
MERCANTILIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA E NORMATIVAS ESTATAIS EXCLUÍNTES PARA AS CAPAS MAIS FEBLES DA SOCIEDADE
Non é tolerábel nin humanamente admisíbel que diante da preocupación dunha nai que acude ao hospital co seu fillo enfermo, sexa despachada sen contrastar a súa situación administrativa nin buscar solucións para o seu caso que poderían ter consecuencias graves de tratarse dunha afección grave. Para o BNG o Partido Popular está trasladando á sanidade pública criterios mercantilistas que impiden unha atención sanitaria universal. Coa escusa de evitar o denominado “turismo sanitario” péchanse portas aos colectivos sociais mais desamparados e con menos recursos e mesmo exclúen do sistema público a nacionais por botar mais de tres meses residindo no estranxeiro.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



