Case sen tempo para saborear o título de campión da Copa Galicia, o Burela Pescados Rubén volve á competición ligueira para afrontar outro derbi galego. Nesta ocasión o rival é o Pescamar Poio que recibe no seu feudo ao conxunto mariñano, sábado día 3 ás 18.00 horas.
Respecto da final disputada en Ferrol, Quico Otero destacou “a personalidade que tivo o equipo para soportar a presión ante un gran rival como o Ponte Ourense e a reacción ante a adversidade. Considero que no cómputo global do encontro fomos superiores e gañamos con xustiza. O equipo estivo á altura do evento e é unha gran alegría poder brindar á nosa afección este título”. O calendario aperta e a Liga xa asoma polo que o equipo “xa debe pasar páxina e centrarnos no partido ante o Poio que é un rival complicado con xogadoras determinantes e que na súa casa aumenta o seu potencial”. A catro xornadas para o final e coa desvantaxe de cinco puntos respecto ao Atlético de Madrid, o técnico burelao incide en que “temos que manter a concentración e competir, somos conscientes que o título está moi difícil pero debemos facer os deberes ata que as matemáticas digan o contrario”. Na mesma liña manifestouse a capitá do Burela Pescados Rubén, Lidia Mesías que adicou o título de Copa Galicia “a toda a afección que se desprazou a Ferrol e aos que nos apoian cada xornada. Agora debemos continuar coa competición ligueira, está complicado pero a nosa obrigación é competir cada partido”.
Selección Española
Tralo duelo ante Pescamar Poio, Lidia Mesías incorpórase á concentración da Selección Española. O combinado nacional disputa en Moscú o V Torneo Internacional de Fútbol Sala do 4 ao 10 de maio. Por motivos académicos, Peque non acudirá a esta convocatoria.
Jozi
A porteira brasileira que xa non puido disputar a final de Copa Galicia é baixa para o duelo ante o Pescamar Poio, debido a unha microrotura no cuádriceps da súa perna esquerda.
*Fotografía: Adán Puentes. Prensa A Fervenza FSF (Organizador Copa Galicia 2014)





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
