A persoa que teña no seu haber que máis de 300 veciños de moi distinta idade, condición, pensamento e intereses decidan, a iniciativa propia, sentarse tras a mesa e o mantel, e participar nunha sentida homenaxe, demostra por méritos propios o moi acertado que sería definilo, en maiúsculas, como veciño exemplar.
En San Ciprián esta persoa ten nome propio: o de Nardo Martínez, que este domingo recibirá o recoñecemento dun pobo agradecido que nin esquece, nin ten previsto deixar no olvido a un dos seus veciños máis ilustres. Este abrazo colectivo non é froito da casualidade, senón dun pobo con ganas de agasallar en vida, enchendo a Praza dos Campos, a este persoeiro tan excepcional.
O que converte a Nardo Martínez en veciño exemplar non é só a súa espectacular calidade humana, a súa disposición de estar sempre ao carón do que pode necesitar a súa axuda, que tamén, senón o feito de que non poderíamos entender a vida social, deportiva e cultural de San Ciprián, nas últimas décadas, sen facer referencia ao seu nome.
Nardo Martínez e una boa persoa, un bo amigo, pero sobre todo, un personaxe cheo de humidade e dunha excelente capacidade de colaboración en todo o que se lle propoña desde as principais asociacións e colectivos do noso concello, entre elas, desde a promotora Mulleres de San Ciprián e a decena de colectivos que se teñen sumado a este recoñecemento.
Este veciño exemplar, ribadense de orixe pero un máis da Península da Paz, ten conquistado coa súa humildade e intenso traballo a centos dos seus veciños. Nardo Martínez non só é un empresario de éxito que con moito suor e esforzo ten contribuído a xerar postos de traballo e riqueza neste pobo, senón tamén o colaborador fiel dos carnavais, o chofer oficial de Papá Noel ou o impulsor e patrocinador de centos de actividades culturais, deportivas e artísticas.
Este recoñecemento, que nace da propia acción social do pobo debe por xustiza ter continuidade con outros moitos que poñan de relevo o respecto e admiración que temos todos os que con honra atopámonos ao seu redor. Quen aquí escribe, o primeiro: orgulloso admirador deste veciño exemplar.
Jose Manuel Balseiro Orol
Secretario do Parlamento de Galicia


















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



