Todos os colectivos de retornados da Galiza están a facer un chamado para concentrarse e protestar diante de todas oficinas de Facenda. Quen está a organizar a acción é a Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados.
Dende o Colectivo de Emigrantes Retornados da Mariña convocamos aos nosos socios e por extensión a todas as persoas que veñen mostrando a súa solidariedade coa nosa causaa unha concentración reivindicativa que terá lugar o luns 5 de maio ás 11.30 horas diante da oficina de Facenda da localidade de Foz.
As nosas principais reivindicacións son:
-Eliminación das sancións
-Eliminación do carácter retroactivo da lei 35/2006
-Eliminación dos intereses de demora
-Modificación da lei 35/2006, a cal discrimina tanto aos retornados (por recibir pensións de máis dun estado) como a calquera contribuínte que teña traballado para máis de unha empresa nese exercicio fiscal.