O vindeiro sábado 10 de maio terá lugar o III Encontro de Cofradías Penitenciais. Igual que no 2012 volve celebrarse en Viveiro; xa que o segundo ano se fixo en Ferrol. Este ano será a Ilustre Cofradía do Rosario a que procesionará coa belísima imaxe do Cristo Xacente. Para este encontro a xunta de cofradías anima ós cofrades a participar, así coma ós simpatizantes, a todos os actos dispostos: ponencias, diálogos, Santa Misa e Procesión, ademais da comida de irmandade. Para participar no encontro organizado polo Delegado Episcopal de Cofradías, Juan Antonio Sanesteban, é preciso inscribirse nalgunha cofradía por un prezo de 20 euros na que se inclúe a documentación, acreditación e comida así coma os autobuses para o traslado ó restaurante.
III Encontro de Cofradías Penitenciais
III Encontro de Cofradías Penitenciais
Relacionado
-
Co gallo do Día de Europa, Estefanía Molina impartirá unha conferencia na UNED de Lugo
-
Obradoiro de Educación emocional e técnicas de relaxación o 24 de maio ás 10:30 no Centro Sociocultural de Alfoz
-
A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este mércores á Festa daFilloa, que reuniu no recinto feiral de Muimenta centos de veciños evisitantes arredor desta receita tradicional