Este domingo 4 de maio, 52 camiñantes do Grupo de Sendeirismo da ACD XOVE desprazaronse a Camariñas para facer unha espectacular ruta de sendeirismo, a 5ª etapa dende “Santa Mariña a Camariñas” da ruta “O Camiño dos Faros”.
Percorreron un total de 20 quilómetros por preciosas e case salvaxes praias, como a do Trece, de Reira e de Arealonga. Tamén disfrutaron da duna rampante do Monte Branco onde a area da praia sube pola ladeira do monte ata unha altura de 150 metros. A comida fíxose nas instalacions do Faro do Cabo Vilán que conta con terraza, salas de exposicións e cafetería. Finalmente chegaron ó Porto de Camariñas arredor das seis e media da tarde despois dun día totalmente soleado.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



