Ribadeo, 6 de maio de 2014. Ribadeo acollerá a primeira velada de deportes de contacto o vindeiro 17 de maio. Será no novo pavillón polideportivo municipal. Está organizada polo recén creado clube local Fusion Combat System e conta coa colaboración da Concellaría de Deportes de Ribadeo.
O concelleiro Vicente Castro dixo que “con este evento se inicia un calendario forte de actividades e torneos deportivos durante a primaveira e o verán en Ribadeo, que serven ademáis de para competir para promocionar turísticamente a vila”.
Ramón Cabodevila, presidente do Fusion Combat System, sinalou que “na velada poderánse ver 4 combates amateur de kick-boxing, 1 amateur de full-contact, 2 neo-profesionales de k-1 e 1 combate profesional de k-1. Os combates amateur, enfrentaran a 5 loitadores do clube local Fusion Combat System contra loitadores do CAMM (Centro de Artes Marciales Mixtas) de Santiago de Compostela e do A.B.P de Pontevedra (Asociación de Boxeo de Pontevedra). No caso dos combates neo-pro e profesional enfrontaranse tres loitadores do Mamba Gym de Ponferrada contra tres loitadores do Vitoria de Guimaraes”.
Cabodevila subliñou que “os loitadores locais debutan ese día contra loitadores experimentados que xa saben o que é subirse a un ring”.
O espectáculo dará comenzo as 20:00 horas e finalizará arredor das 22:30-23:00 horas. O clube de ximnasia rítmica da localidade farán una exhibición polo medio dos combates.
Pola súa banda, Maxi Bermúdez, explicou que “o prezo das entradas será de 8 euros en grada e de 15 para ás Vip, que estarán a pé de pista. Haberá varios puntos de venda en Ribadeo como El Rincón del Gordo, Náutico ou Hola Ola, tamén en Foz e en Navia haberá varios locais nos que poder adquirir as entradas, ademais do 17 de maio na taquilla do pavillón. O importe das mesmas destínase a pagar os gastos dos loitadores e xuíces profesionais que acoden ao evento”.
Os organizadores agradecen a colaboración de todas as firmas que os quixeron apoiar nesta primeira velada de deportes de contacto que haberá na zona e tamén á Concellaría de Deportes de Ribadeo. O evento foi presentado esta mañá no salón de plenos do Concello.






















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
