As monitoras da aula de educación medioambiental Gaia, do Concello de Burela, están a impartir unhas charlas no CEIP Virxe do Carme sobre incendios forestais. Alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de primaria reciben estes días nocións básicas de como actuar diante dun lume, e o máis importante cómo previr un incendio forestal. Segundo explican as monitoras de Gaia “non hai que esquecer que Galicia é a comunidade autónoma onde máis lumes de producen ao ano e pensamos que é necesario concienciar aos máis pequenos da importancia de conservar a riqueza forestal que posuímos. Actuacións tan sinxelas como non tirar colillas no monte, recoller o lixo que xeramos cando facemos un picnic ou non acender unha fogueira en época de alto risco de lumes… todo iso pode axudar a diminuír os incendios que se producen ano tras ano”.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



