Os anos 40 de tódalas fames, foron significativos para o mundo mariñeiro. A chegada masiva do chicharrón díu un novo pulo á actividade pesqueira da época A cantidade foi tal que chegou a utilizarse como abono nas terras, o que fala da baixa cotización; pero aínda así significou fartura para os estómagos escuálidos e ilusoria esperanza para os petos esfondados…
Tal sensación de abundancia fixo que no ano 1946 os conserveiros organizasen en La Sociedad, de Papaíto, o baile “da escama” que tivo a réplica no “do oio” no salón de Ramón María de Cao, promovido polos mariñeiros. Éste, no que actuara a Orquestra Sycora Boys, de Grado,tivo o gran éxito, recordado por moitos anos. A costeira foi, pois, de grande importancia para a economía esperanzada das nosas xentes, por iso todos a seguían con interese, dende que as lanchas saían do peirao ata o regreso; e pola noite, a través dos chuzos (candís alimentados con carburo ou saín de peixe) seguían dende terra a evolución das mesmas, para o que se situaban en altiños dende os que se observaban os movementos nas embarcacacións no mar: cando se encendían os chuzos, sabíase que pescaban pois alumeaba a faena de largar o aparello e metelo a bordo. As lanchas faenaban a media hora da costa.A abundancia era tal que algunhas embarcacións adicábanse ó “carrexo”; é decir, ó traslado ó peirao do capturado por outras unidades, repartíndose a metade para cada unha das embarcacións que participaran na captura e o carrexo.A veces a carga era tal que as lanchas navegaban medio afundidas e, nunha ocasión unha delas, a Jesús del Gran Poder, xa amarrada no peirao, a piques estivo de afundirse na dársena.
O impacto de tanto peixe en terra mesmo chegou a definir a temporalidade na linguaxe popular, pois aínda hoxe se escoita decir a xentes da nosa quinta: “ lembro que nos anos do chicharrón…”.
Este fin de semana a hostalería de Foz rende homenaxe a un producto histórico, de alto valor nutritivo e sabor singular, que nos remite a unha sociedade moi afastada da de hoxe, que ten o referente mais popular no chicharrón…
Suso Fernández

















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



